"Beverly Hills" é unha canción da banda de rock alternativo estadounidense Weezer, editado o 29 de marzo do 2005 como primeiro sinxelo do álbum Make Believe. O seu vídeo musical, dirixido por Marcos Siega, foi rodado en The Playboy Mansion (que realmente non está localizada en Beverly Hills, senón na comunidade veciña de Holmby Hills), con Hugh Hefner facendo un cameo ao principio. A canción conta con Stephanie Eitel da banda Agent Sparks, facendo os coros no estribillo.