William Howard Stein
Nome orixinal | (en) William Howard Stein |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 25 de xuño de 1911 Nova York, Estados Unidos de América |
Morte | 2 de febreiro de 1980 Nova York, Estados Unidos |
Datos persoais | |
Residencia | Estados Unidos |
País de nacionalidade | Estadounidense |
Educación | |
Coñecido por | |
Actividade | |
Campo de traballo | |
Ocupación | biólogo , bioquímico , químico , profesor universitario |
Empregador | Universidade Rockefeller (pt) |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | |
Premios | |
Lista
|
William Howard Stein, nado en Nova York o 25 de xuño de 1911 e finado na mesma cidade o 2 de febreiro de 1980, foi un químico, bioquímico e profesor universitario estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Química en 1972.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou química na Universidade Harvard, onde se licenciou en 1930, e posteriormente doutorouse na Universidade de Columbia en 1939. Na Universidade Rockefeller de Chicago iniciou a súa investigación baixo a dirección de Max Bergmann, xunto a Stanford Moore e, posteriormente, foi nomeado catedrático de bioquímica.
Investigación científica[editar | editar a fonte]
Xunto a Stanford Moore logrou completar a secuencia da molécula da ribonucleasa, observando a natureza e orde dos seus cento vinte e cinco aminoácidos. Foi a primeira encima cuxa estrutura se clarificou definitivamente.
En 1972 foille concedido a metade do Premio Nobel de Química, que compartiu con Stanford Moore, polos seus traballos sobre a relación entre a estrutura química e a actividade catalítica do núcleo das moléculas da ribonucleasa. A outra metade do premio recaeu nos traballos independentes de Christian B. Anfinsen sobre a ribonucleasa.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1972 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel 1972 (en inglés)
Predecesor: Gerhard Herzberg |
Premio Nobel de Química 1972 con Christian Anfinsen e Stanford Moore |
Sucesor: Ernst Otto Fischer e Geoffrey Wilkinson |