Theodor Svedberg
Theodor (The) Svedberg, nado o 30 de agosto de 1884 en Valbo (Suecia) e finado o 25 de febreiro de 1971 en Kopparberg, situada no condado de Örebro, (Suecia), foi un químico e profesor universitario sueco, gañador do Premio Nobel de Química en 1926.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou química na Universidade de Uppsala, onde en 1912 foi nomeado profesor titular de Química física.
Investigacións científicas[editar | editar a fonte]
O seu traballo con coloides probou as teorías sobre o movemento browniano enunciadas por Einstein e a geofísica polaca Marian Smoluchowski. Durante a súa investigación, desenvolveu a técnica de ultracentrifugación analítica e demostrou a súa utilidade na distinción de proteínas puras.
Así mesmo foi un dos primeiros en estudar a síntese do caucho e realizou traballos sobre unha vacina contra a Poliomielite.
En 1926 foi galardoado co Premio Nobel de Química polos seus traballos sobre a fisicoquímica dos sistemas dispersos.
Denomínase svedberg na súa honra a unidade do coeficiente de sedimentación.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1926 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel
- Perfil de Theodor Svedberg NNDB (en inglés)
Predecesor: Richard Adolf Zsigmondy |
Premio Nobel de Química 1926 |
Sucesor: Heinrich Otto Wieland |