Wikipedia:Primeiras xornadas Coñece a Galipedia na UDC
Os vindeiros 16 e 17 de abril de 2015 vanse realizar as Primeiras xornadas "Coñece a Galipedia na UDC", Xornada de portas abertas - wikimaratón da Galipedia. Estas xornadas están promovidas pola Facultade de Informática da Universidade da Coruña, GPUL e a Galipedia, co apoio do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, para promocionar e facilitar o achegamento á enciclopedia libre en galego a todas as persoas interesadas.
Os actos contarán cunha charla de introdución á edición da Galipedia accesible a participantes de todo tipo, e cunha charla de introdución ó manexo de bots, ademais doutras actividades. Tamén se fará un pequeno wikimaratón de artigos relacionados coa Universidade da Coruña e outros temas.
Un wikimaratón é unha reunión onde os e as participantes se xuntan para editar a Galipedia, tanto de forma presencial coma virtual.
Cando, onde e como[editar a fonte]
Esta actividade terá lugar os días 16 e 17 de abril de 2015 na Facultade de Informática da UDC situada no Campus de Elviña. Como chegar.
Comezará ás 17:00 da tarde do día 16 e vaise desenvolver durante as tardes deses dous días (podes consultar o programa e lugar de cada actividade máis abaixo).
Para poder tirarlle todo o partido a este evento o ideal é asistir presencialmente; desta forma, ademais de aprender a editar pódese coñecer a outros wikipedistas e darlle visibilidade ó proxecto. Para participar é necesario ter creado unha conta de usuario, podes facelo aquí, e apuntarse na lista de participantes.
Programa de actividades[editar a fonte]
Xoves 16 de abril[editar a fonte]
- 17:00-17:30 Introdución á Galipedia e á edición co Editor visual (Elisardo Juncal, da Galipedia). Lugar: Laboratorio 0.1w da Facultade.
- 17:00-17:15 Planificación e distribución do traballo de edición. Lugar: Laboratorio 0.1w da Facultade.
- 17:15-19:30 Edición dos artigos propostos ou doutros de interese para as persoas asistentes. Lugar: Laboratorio 0.1w da Facultade. Ás 18:00 haberá pinchos para quen participe no evento, na cafetería do centro.
- 19:30-19:45 Avaliación da xornada. Lugar: Laboratorio 0.1w da Facultade.
Venres 17 de abril[editar a fonte]
- 16:00-17:00 Entrega de premios e presentación dos traballos de Wikinformática. Lugar: Aula de Graos Víctor Gulías da Facultade de Informática
- 17:00-17:30 Introdución ó uso de bots na Galipedia (Roi Ardao López "Banjo", da Galipedia). Lugar: Laboratorio 0.1w da Facultade.
- 17:00-17:15 Planificación e distribución do traballo de edición. Lugar: Laboratorio 0.1w da Facultade.
- 17:15-19:30 Edición dos artigos propostos ou doutros de interese para as persoas asistentes. Lugar: Laboratorio 0.1w da Facultade. Ás 18:00 haberá pinchos para quen participe no evento, na cafetería do centro.
- 19:30-19:45 Avaliación da xornada. Lugar: Laboratorio 0.1w da Facultade.
Información para participantes[editar a fonte]
Avisamos que para o uso do Editor Visual, a ferramenta que usaremos para a edición, é preciso ter os navegadores web actualizados e recoméndase o uso do Firefox. |
Cuestións xerais[editar a fonte]
Tanto se optas por achegarte ata Coruña como se prefires colaborar desde outro sitio, é importante que te apuntes na lista de participantes, editando esa sección e incluíndo os teus datos e forma de participación. As prazas presenciais son limitadas e serán asignadas por orde de rexistro nesa lista.
Se aínda non es usuaria/o da Galipedia, tes que rexistrarte antes. É moi recomendable que no rexistro indiques unha dirección de correo electrónico para que dende a Galipedia poidamos contactar contigo por se houbese que facer algunha comunicación de última hora.
E non te preocupes se é a túa primeira vez que editas a Galipedia: aquí tes información por se queres ir mirando, e se non, xa viches que vai haber unha sesión introdutoria para que perdas o medo.
Se vas participar presencialmente, podes traer o teu computador portátil: así só terás que conectarte á rede sen fíos da UDC para poder traballar. Pero por se non o traes, poderás traballar tamén nun dos computadores de sobremesa que a Facultade de Informática vai poñer á nosa disposición.
Axudas co galego[editar a fonte]
Os artigos da Galipedia están en galego seguindo a normativa oficial da RAG. Hai varias ferramentas para o navegador e da Galipedia que axudan a mellorar a ortografía, podes consultalas en Axuda:Como mellorar a ortografía. É moi recomendable activar o Wikipedia:Revisor ortográfico da Galipedia que non precisa de ningunha instalación nin complementos adicionais.
Artigos propostos[editar a fonte]
Para coordinarnos, e así non repetir o traballo dos demais, o máis axeitado é que antes de comezar a editar un artigo lle poñas o aviso {{En uso}} na páxina do artigo e a gardes. Logo anota na táboa de abaixo que estás a traballar con el e así todo o mundo saberá que xa está collido e distribuiremos mellor os nosos esforzos. |
Aquí podes ver unha lista de artigos sobre os que podemos traballar no wikimaratón. Ti podes participar de varias maneiras:
- Revisando algún que xa exista, corrixindo posibles erros nos seus contidos, ou mellorándoo a nivel ortográfico, sintáctico ou de redacción.
- Ampliando a información de artigos xa creados ou creando outros novos, aproveitando os teus propios coñecementos, ou botando man dos Recursos que poñeremos ao teu dispor.
- Subindo imaxes libres que se poidan conseguir e incorporándoas aos distintos artigos.
Se queres propor máis artigos podes modificar estas táboas ou deixar un comentario na páxina de conversa.
Artigos que mellorar[editar a fonte]
Artigo | Usuario | Notas | |
---|---|---|---|
1 | Informática | Elisardojm | (a encher) |
2 | Universidade da Coruña | (a encher) | (a encher) |
3 | José Antonio Portero Molina | (a encher) | (a encher) |
4 | José María Barja | (a encher) | (a encher) |
5 | Xosé Luís Armesto | (a encher) | (a encher) |
6 | Aníbal Cavaco Silva | (a encher) | (a encher) |
7 | Devasa (informática) | (a encher) | (a encher) |
8 | Editor de texto | Regueiro | (a encher) |
9 | Módem | (a encher) | (a encher) |
10 | Memoria principal | (a encher) | (a encher) |
11 | Linguaxe Java | (a encher) | (a encher) |
12 | Hipertexto | (a encher) | (a encher) |
13 | Linguaxe de alto nivel | Andrea Ardions | (a encher) |
14 | Joomla! | (a encher) | (a encher) |
15 | Impresora | (a encher) | (a encher) |
16 | Arquitectura software | (a encher) | (a encher) |
17 | Peer-to-peer | (a encher) | (a encher) |
18 | Haskell | (a encher) | (a encher) |
19 | Propón un artigo | (a encher) | (a encher) |
20 | Propón un artigo | (a encher) | (a encher) |
Artigos que crear[editar a fonte]
Recursos[editar a fonte]
A medida que a data do wikimaratón se vaia achegando iremos compilando aquí recursos e referencias que poden ser útiles para a redacción dos distintos artigos.
Axuda para a edición[editar a fonte]
- Páxina de axuda do Editor da Galipedia
- Wikipedia:Guía
- Wikipedia:Referencia rápida
- Wikipedia:Citar as fontes
- Wikipedia:Libro de estilo
- Wikipedia:O que é un artigo de calidade
- Wikipedia:Presentación de introdución ó Editor Visual
Apúntate![editar a fonte]
Se che apetece participar nestas xornadas, tes que apuntarte abaixo editando esta sección (preme na ligazón que pon "editar a fonte" ó lado do texto "Apúntate!") e indicando o teu nome de usuario e a forma en que vas participar (presencialmente ou en liña).
Presencial[editar a fonte]
- Elisardojm -Presencial
- ☣Banjo tell me - Presencial
- Sabelaraga -Presencial
- Laura M. Castro -Presencial
- Susana Ladra -Presencial
- Juan Quintela - Presencial
- Fran Longueira - Presencial
- Alba Lestón - Presencial
- David de Castro - Presencial
- Faustino Castro -Presencial
- Víctor Blanco -Presencial
- Jmandion -Presencial
- Santiago Saavedra -Presencial
- Heidy Izaguirre -Presencial
- Carla Salgado -Presencial
- Avelino Ríos -Presencial
- Pedro Fernandez -Presencial
En liña[editar a fonte]
- Xas -En liña
- Manoel Folgueira -En liña
- Andrea Ardións -En liña
- Jorge García -En liña
- Concepcia - En liña
- Diego Campelo Cores -En liña
- José Miguel de Río -En liña
- Breixo Camiña -En liña
- Pablo Díaz -En liña
- Iago Santos -En liña
- Elías Ferreiro -En liña
- Xoán Antelo -En liña
- Junior Paradelo -En liña
- Cristian Canosa Pérez -En liña
- David Carballo -En liña
- Uxia Ponte -En liña
- David Rodríguez Lema -En liña
- Alejandro López Sánchez -En liña
- Xacobe Mosquera -En liña
- Eloy Naveira Carro -En liña
- Martin Quinteiro Santos -En liña
- Francisco Pais Fondo -En liña
- Diego Sánchez Lamas -En liña
- David Torres -En liña
- F. Javier Moure -En liña
- Elena Delamano -En liña
- Mateo Fuentes -En liña
Galencontro[editar a fonte]
Despois das actividades faremos unha pequena reunión para charlar sobre as cousas que se nos ocorran relacionadas coa Galipedia, se estás interesada/o en participar podes apuntarte aquí para saber quen vai ir e así estar en contacto. Firma abaixo:
- Elisardojm (conversa) 24 de marzo de 2015 ás 11:44 (UTC)
- ☣Banjo tell me 24 de marzo de 2015 ás 17:53 (UTC)
Resultados[editar a fonte]
Mencións nos medios[editar a fonte]
- Código Cero: A Galipedia convoca á comunidade da UDC para amosar a súa actividade e xuntar forzas
- Praza Pública: A wikimaratón da Galipedia fai parada na UDC
- Chuza!: Portada de Chuza!
- GPUL: Xoves Libres: Wikimaraton da Galipedia na UDC
- CTNL: Nova na páxina da Coordinadora Traballadores-as Normalización Lingua
- FIC: Nova na FIC
- Coruña.info: Nova en Coruña.info
- ESFGal: Nova na páxina de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
- El Correo Gallego: ‘Wikimaratón’ sobre la Galipedia el día 16 en la Universidade da Coruña
- La Opinión de A Coruña: Informática dedica dos días a conocer a fondo la Galipedia
- NoticiasGalicia: Wikimaratón sobre la Galipedia la próxima semana en A Coruña
- Galicia Confidencial Wikimaratón sobre a Galipedia na Coruña
- Universidade da Coruña Wikimaratón da Galipedia na Facultade de Informática
- Ciencia Galega Nota breve
- TVG - Galicia Noticias Serán: "Wikimaratón da Galipedia" na Universidade da Coruña