Saltar ao contido

Roderick MacKinnon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rod MacKinnon»)
Infotaula de personaRoderick MacKinnon

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de febreiro de 1956 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Burlington, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Tufts
Tufts University School of Medicine (en) Traducir
Universidade Brandeis
Burlington High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioquímica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbioquímico , profesor universitario , cristalógrafo , internista , químico , neurocientífico , biofísico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Harvard
Universidade Rockefeller Editar o valor em Wikidata
Membro de
Interesado enBioquímica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Roderick MacKinnon, nado en Burlington (Massachusetts) o 19 de febreiro de 1956, é un bioquímico e profesor universitario galardoado co Premio Nobel de Química en 2003.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou bioquímica na Universidade de Brandeis, onde se graduó en 1978, e posteriormente ampliou os seus estudos en medicina na Universidade Tufts. Actualmente é profesor de Neurobioloxía Molecular e Biofísica da Universidade Rockefeller, así como investigador do Instituto Médico Howard Hughes.

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Iniciou as súas investigacións ao redor das toxinas na estrutura da canle de potasio. Durante a década de 1990 a arquitectura molecular detallada das canles e dos medios exactos polos cales transportan os iones seguían suendo especulativos. En 1998, a pesar das trabas científicas no estudo estrutural das proteínas integrais da membrana celular que frustraran a maioría das tentativas, MacKinnon e os seus colegas da Universidade Cornell conseguiron abrir a arquitectura dunha canle de potasio dunha bacteria gracias á cristalografía de raios X.

En 2003 foi galardoado co Premio Nobel de Química xunto con Peter Agre. Ambos os científicos foron premiados polos descubrimentos referentes ás canles en membranas celulares, aínda que MacKinnon polos estudos estruturais e mecánicos das canles iónicas e Agre foino especialmente polo descubrimento do métode da "canle de auga".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
John Fenn,
Koichi Tanaka
e
Kurt Wüthrich
Premio Nobel de Química

2003
con
Peter Agre
Sucesor:
Aaron Ciechanover,
Avram Hershko
e
Irwin Rose