Portal:Hóckey a patíns/Artigo destacado/2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A trixésima edición da Copa CERS comezou o 21 de novembro de 2009 coa primeira xornada da fase de grupos e finalizou o 16 de maio do 2010 coa disputa da final na localidade portuguesa de Torres Novas. Nesta edición proclamouse campión o HC Liceo da Coruña tras derrotar por 7 goles a 2 ao Blanes HC na final, conseguindo así o equipo galego o seu terceiro título da segunda competición continental e converténdose no equipo máis laureado da competición xunto co Hockey Novara italiano.

Nesta edición participaron un total de 28 equipos do Estado español, Portugal, Italia, Francia, Alemaña, Suíza, Inglaterra e Austria. A competición consistiu en varias eliminatorias a dobre partido partindo dos dezaseisavos de final, e unha final four (final a catro).