"Pictures of You" é unha canción da banda inglesa de rock alternativoThe Cure, editada como cuarto e derradeiro sinxelo do seu álbum Disintegration o 19 de marzo de 1990. A versión do sinxelo é unha remestura editada da versión que aparece no álbum, e con 4:48 minutos é significativamente máis curta que a orixinal que dura 7:24.