"High" é unha canción da banda inglesa de rock alternativo The Cure, editada como sinxelo do seu álbum Wish o 16 de marzo de 1992. O tema acadou o número 1 na lista da Billboard Modern Rock Tracks, e foi número 8 na lista británica de sinxelos.