PWHL New York

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
PWHL New York
Fundación29 de agosto de 2023
CidadeNova York
Estados Unidos de América Estados Unidos
EstadioTotal Mortgage Arena (8 412 persoas)
UBS Arena (17 255 persoas)
LigaProfessional Women's Hockey League
Propietario(s)Mark Walter Group
Director Pascal Daoust
AdestradorVacante
CoresTurquesa, azul mariño e branco
                 
Na rede
Facebook: PWHLNewYork Twitter: pwhl_newyork Instagram: pwhl_newyork Editar o valor em Wikidata

O PWHL New York é un equipo feminino profesional de hóckey sobre xeo da área metropolitana de Nova York, Estados Unidos. É unha das seis franquías da Professional Women's Hockey League (PWHL). New York xoga os seus partidos como local no Total Mortgage Arena de Bridgeport (Connecticut) e no UBS Arena de Elmont (Nova York).

Historia[editar | editar a fonte]

O 29 de agosto de 2023 anunciouse que unha das primeiras seis franquías da PWHL estaría localizada na área metropolitana de Nova York.[1] O 1 de setembro a liga anunciou que Pascal Daoust, antigo director xeral dos Val-d'Or Foreurs da Quebec Maritimes Junior Hockey League, sería o director xeral do equipo.[2][3] O 15 de setembro anunciouse a Howie Draper como primeiro adestrador do equipo, ausentándose do seu posto como adestrador do programa de hóckey sobre xeo da Universidade de Alberta para desempeñalo.[4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Wyshynski, Greg (29 de agosto de 2023). "Six inaugural franchises revealed for new PWHL". ESPN (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 1 de setembro de 2023. Consultado o 12 de maio de 2024. 
  2. "PWHL names six general managers as teams begin roster construction". Sportsnet (en inglés). 1 de setembro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 5 de setembro de 2023. Consultado o 12 de maio de 2024. 
  3. Burgess, Melissa (2 de setembro de 2023). "PWHL Introduces General Managers, Announces Draft Order". The Victory Press (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 6 de setembro de 2023. Consultado o 12 de maio de 2024. 
  4. "Ryan, MacLeod headline PWHL coaches". Sportsnet. Canadian Press. 15 de setembro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2023. Consultado o 12 de maio de 2024. 
  5. Barnes, Dan (16 de setembro de 2023). "New challenge in New York for women's hockey coach Howie Draper". Montreal Gazette (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2024. Consultado o 12 de maio de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]