PWHL Minnesota

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
PWHL Minnesota
Fundación29 de agosto de 2023
Cidade Saint Paul,
Minnesota
Estados Unidos de América Estados Unidos
EstadioXcel Energy Center (17 954 persoas)
LigaProfessional Women's Hockey League
Propietario(s)Mark Walter Group
Director Natalie Darwitz
Adestrador Ken Klee
CoresPúrpura, negro e branco
                 
Na rede
Facebook: PWHLMinnesota Twitter: pwhl_minnesota Instagram: pwhl_minnesota Editar o valor em Wikidata

O PWHL Minnesota é un equipo feminino profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Saint Paul, Minnesota (Estados Unidos). É unha das seis franquías da Professional Women's Hockey League (PWHL). Minnesota xoga os seus partidos como local no Xcel Energy Center de Saint Paul.

Historia[editar | editar a fonte]

O 29 de agosto de 2023 anunciouse que unha das primeiras seis franquías da PWHL estaría localizada en Minnesota.[1] O 1 de setembro a liga anunciou que Natalie Darwitz, antiga capitá da selección estadouindense, sería a directora xeral do equipo.[2][3] O 15 de setembro anunciouse que o antigo adestrador dos equipos feminino e masculino da Universidade de Bethel, Charlie Burggraf, sería o primeiro adestrador do equipo.[4] Con todo, o 27 de decembro anunciouse que Burggraf deixaría o cargo de adestrador xefe do equipo, e sería substituído polo antigo seleccionador dos Estados Unidos Ken Klee.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Wyshynski, Greg (29 de agosto de 2023). "Six inaugural franchises revealed for new PWHL". ESPN (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 1 de setembro de 2023. Consultado o 11 de maio de 2024. 
  2. "PWHL names six general managers as teams begin roster construction". Sportsnet (en inglés). 1 de setembro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 5 de setembro de 2023. Consultado o 11 de maio de 2024. 
  3. Burgess, Melissa (2 de setembro de 2023). "PWHL Introduces General Managers, Announces Draft Order". The Victory Press (en inglés). Consultado o 11 de maio de 2024. 
  4. "Ryan, MacLeod headline PWHL coaches". Sportsnet. Canadian Press. 15 de setembro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2023. Consultado o 11 de maio de 2024. 
  5. "Charlie Burggraf steps down as head coach of PWHL Minnesota days before season opener". CBC Sports (en inglés). 27 de decembro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2023. Consultado o 11 de maio de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]