Monterrei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMonterrei
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 41°56′48″N 7°26′57″O / 41.9468, -7.4491Coordenadas: 41°56′48″N 7°26′57″O / 41.9468, -7.4491
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Ourense Editar o valor em Wikidata
CapitalMonterrei Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación2.424 (2023) Editar o valor em Wikidata (20,4 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie118,8 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude521 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJosé Luís Suárez Martínez (2015–) Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Monterrei Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32... Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE32050 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Monterrey (1999–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webmonterrei.es Editar o valor em Wikidata

Monterrei é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Verín. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.809 habitantes (3.246 en 2003). O xentilicio é monterreiés,[1] montederrense[2] ou montederreguense.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello, situado na comarca de Verín, ten unha superficie de 119 km². Limita ao norte con Laza e Castrelo do Val, ao sur con Portugal, ao leste con Verín e ao oeste con Oímbra. Ofrece contrastes acusados entre as zonas de val e montaña. O punto máis elevado é o Pico de Meda (1.091 m), nos montes de Meda.

Demografía[editar | editar a fonte]

O concello viviu o seu maior esplendor demográfico na década de 1940. A partir dese momento comezou unha grande emigración, en tres fases: cara a América, cara a Europa, e cara ás zonas industrializadas de España. Isto levou ao concello á perda de case a metade da poboación, principalmente na década de 1960. Na actualidade Albarellos e Vilaza son as parroquias máis poboadas.

Censo total (habitantes) 2809 (2014)
Menores de 15 anos 155 (5,52 %)
Entre 15 e 64 anos 1487 (52,94 %)
Maiores de 65 anos 1167 (41,54 %)
Evolución da poboación de Monterrei   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4.233 5.156 6.108 5.005 3.187 3.036 2.973 2.924 2.875 2.809 2.758 2.713 2.655 2.602 2.529 2.520 2.501
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Monterrei na literatura popular[editar | editar a fonte]

  • De ise outro lado do río/ ouvín cantar e chorei,/ eran os estudeantes/ que ían pra Monterrei [3].
  • Do outro lado do río/ ouvín cantar e chorei:/ eran os meus amoriños/ que ían pra Monterrei [4].
  • Do outro lado do río/ ouviuse cantar un rei:/ era un estudiantiño/ que ía pra Monterrei [5].
  • Ó pasar a Cruz de Ferro/ a Gudiña ben a sei/ i agora voume chegando/ aos aires de Monterrei [6].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Monterrei

Albarellos (Santiago) | Estevesiños (San Mamede) | Flariz (San Pedro) | Infesta (San Vicenzo) | A Madanela (Santa María) | Medeiros (Santa María) | Monterrei (Santa María) | Rebordondo (San Martiño) | San Cristovo (San Cristovo) | Vences (Santa Baia) | Vilaza (San Salvador)

Lugares de Monterrei[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Monterrei vexa: Lugares de Monterrei.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 52. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  2. González Rei, Begoña (2004). Ortografía da lingua galega. Galinova Editorial. ISBN 978-8497370417. 
  3. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 68. No orixinal: choréi. Os xesuítas tiveron en Monterrei unha escola de moita sona desde o século XVI.
  4. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 72. No orixinal: choréi.
  5. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 72)
  6. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 122. A cantiga recolle o sentir dun segador galego ó seu regreso de Castela, no momento de entrar en Galicia. Xaquín Lorenzo explica que non se trata da Cruz de Ferro situada en Foncebadón, entre Astorga e Ponferrada, senón da Cruz de Portela de Padornelo (Pedrafita do Cebreiro), que é de pedra, a uns 37 km da Gudiña. Os labregos que ían á sega a Castela seixaban unha pedra ó pé desta cruz e, á volta, deixaban a fouce como exvoto na ermida da Nosa Señora das Angustias, que está ó seu carón.
  7. Decreto 137/2003, do 9 xaneiro DOG núm. 24 (4 de febreiro de 2003)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.