A Peroxa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaA Peroxa
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°26′20″N 7°47′36″O / 42.438888888889, -7.7933333333333Coordenadas: 42°26′20″N 7°47′36″O / 42.438888888889, -7.7933333333333
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Ourense Editar o valor em Wikidata
CapitalA Peroxa Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.779 (2023) Editar o valor em Wikidata (32,63 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie54,52 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude511 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde da Peroxa Editar o valor em WikidataManuel Seoane Rodríguez (2019–) Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais na Peroxa Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32... Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE32059 Editar o valor em Wikidata

Páxina webaperoxa.es Editar o valor em Wikidata

A Peroxa é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense e parte da Ribeira Sacra. Segundo o IGE en 2022 tiña 1.805 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello, situado na comarca de Ourense, ten 54,5 km². O seu relevo está estruturado en tres zonas: unha de montaña baixa (entre 600 e 800 m), que abrangue as parroquias de Souto, Mirallos, Toubes, Armental e parte de Celaguantes. A topografía é bastante accidentada, formada por numerosas lombas desgastadas pola erosión.

Entre os 400 e 600 metros de altitude están as parroquias de Gueral, Villarrubín e A Peroxa. Esta zona, coñecida como Os Chaos, é máis chaira.

A terceira unidade xeográfica está formada polas terras de val situadas a carón do río Miño e do seu afluente o río Barra, que xunto co río Búbal e o rego de Lentomil, configuran a rede fluvial do concello.

O clima é oceánico con matices meridionais, o que propicia unha vexetación variada, predominando as especies arbóreas autóctonas (piñeiros, carballos, castiñeiros e abeneiros nos vales), mentres que na zona de monte predominan os matos.

Poboación[editar | editar a fonte]

Censo total 1.902 (2017)
Menores de 15 anos 83 (4.36 %)
Entre 15 e 64 anos 1.047 (55.05 %)
Maiores de 65 anos 772 (40.59 %)
Evolución da poboación de A Peroxa   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
6.564 7.416 5.929 4.227 2.502
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia[editar | editar a fonte]

Atopáronse restos arqueolóxicos paleolíticos, e existen restos de poboados castrexos. Coa romanización de Galicia, construíuse a vía entre Aquas Flavias e Lugo, que posibilitou a formación de novos núcleos de poboación.

Durante a Idade Media foi significativa a presenza do Conde de Ribadavia, que chegou a dominar a maior parte das parroquias que integran o municipio. Tamén foi importante o señorío exercido pola diocese de Ourense, que administrou Vilarrubín e Toubes, mentres que a parroquia de Armental pertenceu ao señorío de Pedro Losada e a de Beacán ao mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.

Xa na Idade Contemporánea, por mor das excesivas cargas fiscais ás que estaba sometido o campesiñado da zona, creáronse nas parroquias de Graices e O Souto organizacións agrarias de carácter revolucionario (agrarismo), coa finalidade de rematar co sistema feudal e combater os abusos dos señoríos, que mantiveron os seus privilexios a través do cobro de cuantiosas rendas en especies até finais da década de 1920.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Entre o seu patrimonio arquitectónico destaca o castelo da Peroxa, destruído no século XX para construír a nova igrexa parroquial.

A igrexa de San Xinés conta cunha torre barroca con dupla balconada. No retablo da igrexa de Graíces, do século XVII, traballou o escultor ourensán Alonso López.

Entre os pazos e casas grandes destaca a casa da Torre (Graíces), as de Souto e Cinconogueiras e os Pazos de Turbisquedo (convertido nunha casa de turismo rural), Redondelle (Sano Equis), Ansariz (Armental) e o de Láncara.

Festas[editar | editar a fonte]

Na Peroxa ten lugar a feira os días 13 e 27 de cada mes. Se estes días caeren en domingo, a feira pasa ao sábado anterior (días 12 e 26). Entre a súa gastronomía destaca a carne de vitela ao caldeiro.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes da Peroxa.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias da Peroxa

Armental (San Salvador) | Beacán (Santa María) | Carracedo (Santiago) | Celaguantes (San Xulián) | Graíces (San Vicente) | Gueral (San Martiño) | Mirallos (Santa María) | Os Peares (Nosa Sra. do Pilar) | A Peroxa (Santiago) | San Cibrao de Armental (San Cibrao) | San Xes da Peroxa (San Xes) | O Souto (San Cristovo) | Toubes (Santiago) | Vilarrubín (San Martiño)


Lugares da Peroxa[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Peroxa vexa: Lugares da Peroxa.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.