Mar Fernández Vázquez
Nome orixinal | (es) María del Mar Fernández Vázquez |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 2 de febreiro de 1973 (51 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | filóloga , escritora |
Empregador | Universidade de Vigo (2018–) Universidade de Santiago de Compostela (2014–2016) Universidade de Santiago de Compostela (2012–2014) Universidade de Santiago de Compostela (2012–) Universidade de Santiago de Compostela (2011–2012) Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (2008–2011) |
Lingua | Lingua castelá |
María del Mar Fernández Vázquez, nada o 2 de febreiro de 1973[onde?], é unha investigadora e profesora universitaria galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciouse en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela. Foi bolseira en distintos proxectos de investigación e participou en distintos traballos e publicacións dirixidos por Blanca-Ana Roig, en especial ao redor da literatura infanto-xuvenil galega. Moitos deses traballos engrosaron publicacións colectivas.
Colaborou na Gran Enciclopedia Galega con varios artigos e nos Informes de literatura (con Esther de León Viloria) entre o 2007 e o 2009. A partir de 2018 dá clase de didáctica das linguas e de literatura infantil e xuvenil na Universidade de Vigo.[1]
Obras[editar | editar a fonte]
- Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega (2015, Xerais). Esta obra ten unha autoría colectiva (Blanca Ana Roig, Eulalia Agrelo, Pilar Bendoiro, Carmen Ferreira Boo, Isabel Mociño, Marta Neira e Isabel Soto, ademais de Mar Fernández Vázquez) e foi coordinada por Blanca-Ana Roig.[2]
- El gusano de seda y la araña, adaptación da obra de Tomás de Iriarte, ilust. Jon González Arroyo (Hércules de Ediciones, 2013). Publicado tamén en galego como O verme de seda e a araña.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Mª del Mar Fernández Vázquez". Universidade de Vigo (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2023. Consultado o 2023-02-05.
- ↑ "Ficha do libro". Edicións Xerais de Galicia. Consultado o 2023-02-05.