Pilar Bendoiro
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | [cando?] Lalín, Galicia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | Escritora, mestra e filóloga |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
Pilar Bendoiro Mariño, nada en Lalín,[cando?] é unha filóloga galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciada en Filoloxía Inglesa e Diplomada en Mestre, Especialidade en Lingua Estranxeira, Inglés, pola Universidade de Santiago de Compostela.
Estudante de doutoramento elaborando a tese doutoral sobre a tradución de literatura infantil e xuvenil do inglés ao galego, inscrita na Universidade de Santiago de Compostela, onde ademais é membro do Grupo de Investigación LITER21 Literatura galega. Literatura Infantil e Xuvenil. Investigacións literarias, artísticas, interculturais e educativas (GI-1839). Investigadora no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades[1], onde forma parte do equipo de redacción do proxecto de Investigación Informes de Literatura. Membro da Asociación Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (ANILIJ) e da Rede temática de investigación Las Literaturas Infantiles y Juveniles en el Marco Ibérico e Iberoamericano (LIJMI).
Tras diversos anos de experiencia docente, na actualidade imparte clases de Lingua Española en Educación Primaria en Carolina do Norte, Estados Unidos de América. É autora de artigos e recensións sobre Literatura infantil e xuvenil galega e literatura infantil e xuvenil traducida, ademais de participación en obras colectivas e traducións.
Obra[editar | editar a fonte]
Traducións[editar | editar a fonte]
- La pequeña coronel, de Annie Fellows Johnston, 2013, Hércules de Edicións.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- A Santiago. Relatos infanto-xuvenís para o Camiño, 2010, Xunta de Galicia.[2]
- Itinerario de lecturas. De camiño a Compostela pola LIX, 2010, Xunta de Galicia.
- II Xornada da Crítica Galega. A Crítica e a Literatura Infantil e Xuvenil, 2011, AELG.
- Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega, 2015, Xerais.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. "Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2016. Consultado o 20 de febreiro de 2016.
- ↑ AELG
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Pilar Bendoiro na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.