Igrexa de Sjonhem
Igrexa de Sjonhem | |
---|---|
Datos xerais | |
País | Suecia |
Rexión | Gotland |
Localización | Sjonhem |
Coordenadas | 57°29′08″N 18°31′15″L / 57.48558, 18.52076Coordenadas: 57°29′08″N 18°31′15″L / 57.48558, 18.52076 |
Culto | |
Culto | Igrexa de Suecia |
Diocese | Diocese de Visby |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa de Sjonhem (sueco: Sjonhems kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Sjonhem, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.
Historia e arquitectura[editar | editar a fonte]
A parte máis antiga da igrexa de Sjonhem é a torre, construída durante o século XIII. Orixinalmente esta estaba unida a unha igrexa románica moito máis pequena. O coro e a nave dese edificio foron derrubados e substituídos pola estrutura actual a mediados do século XIII. No seu interior, as bóvedas están decoradas con frescos medievais, que tamén datan do século XIII. Algunhas das vidreiras probablemente son as orixinais. Un crucifixo no altar e pouco posterior, do século XIV. A súa pía bautismal e considerablemente máis antiga, do século XII e máis vella que o propio edificio actual. Foi realizada polo canteiro coñecido como Hegvald. A igrexa permaneceu case inalterada dende a Idade Media; o cambio máis grande ocorreu en 1818 cando se construíu a sancristía.[1]
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
-
Vista dende o aire
-
Interior da igrexa
-
Pía bautismal
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Jacobsson, Britta; Johansson, Eva; Johansson, Per; Andersson, Rolf (1990). Våra kyrkor. Västervik: Klarkullens förlag AB. p. 687. ISBN 91-971561-08.