Gosto adquirido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Natureza morta con ostras, de Osias Beert, ca. 1610. Staatsgalerie, Stuttgart.

Un gosto adquirido[1], gusto adquirido[2] ou sabor adquirido é unha apreciación agradábel dun alimento ou bebida, que dificilmente sería apreciado por alguén non familiarizado con tal sabor ou cheiro, é dicir, que non teña sido exposto repetidamente a eles. O gosto adquirido tamén se pode referir ao gosto estético, como o gosto musical.

Os alimentos e bebidas chamados de gostos adquiridos poden chegar a ser considerados como repugnantes pola xente non habituada a ese sabor, ben sexa pola materia prima, a textura, a forma, a preparación, o cheiro ou a aparencia.

Os gostos adquiridos son fortemente influenciados por factores sociais como a cultura e identidade nacional, e inducidos por exposición aos hábitos da contorna social no que o individuo se desenvolve, aínda que tamén se poden adquirir gostos alimenticios de forma tardía, por exposición voluntaria ou hábito, finalizando cando a persoa sente pracer ao consumir o alimento ou bebida. Na maioría dos casos as delicias particulares de cada país ou cultura son consideradas como gostos adquiridos.

É común que os alimentos de gosto adquirido o sexan polo feito de conter o que son tabús alimenticios para certas culturas. Exemplo disto son os insectos, considerados como repugnantes en moitos países occidentais. O sangue, as vísceras, o leite e a carne fermentadas ou descompostas (ou simplemente a carne, por exemplo para os xainistas e outras culturas vexetarianas) son outros exemplos comúns de alimentos tabú nalgunhas culturas.

Exemplos de gosto adquirido[editar | editar a fonte]

Algúns alimentos que se consideran desagradábeis polos que non se afixeron ao seu gosto teñen aceptación en certas rexións ou etnias debido a que adquiriron o gosto co tempo. Entre eles atópanse estes exemplos:

  • Olivas, froito da oliveira.
  • Anchoas salgadas, conserva en salgadura de peixes do xénero Engraulis, os bocareus.
  • Meixóns, crías das anguías.
  • Balut, un ovo de pato ou galiña fertilizado que se serve cocido.
  • Boudin, outra variedade de salchicha francesa feita a base de sangue de porco, similar á morcilla.
  • Café, bebida amarga preparada con grans torrados obtidos dos froitos de plantas do xénero Coffea.
  • Caldo de tronquito, en Ecuador, caldo preparado co pene do touro como ingrediente principal, ao que se lle atribúen propiedades afrodisíacas.
  • Callos ou tripas, os estómagos de vacún, maiormente de tenreira. Normalmente atópanse á venda frescos, cocidos e na súa propia xelatina, en lata e envasados ao baleiro. Consúmense na Península Ibérica e en América Latina.
  • Caracois, alimento popular en moitas rexións españolas, considerados repugnantes noutras. Tamén coñecidos e presentes dentro da gastronomía de Francia.
  • Casu marzu, un queixo de Sardeña que contén larvas vivas de insectos.
  • Caviar, ovas de esturión.
  • Cervexa, en especial as ales e stouts fortes.
  • Chapulines (nome dado en México a unha especie de saltóns), un prato tradicional nalgunhas zonas de México como Oaxaca cuxos orixes se remontan á época prehispánica. Consómense despois de fervelos en auga e torralos nun comal, con en limón nunha tortilla de millo.
  • Chicharrón, Presskopf, en diferentes países, un embutido de carne elaborado coas partes menos apreciadas dos animais.
  • Chinchulín, intestino delgado vacún asado á grella, propio da gastronomía da Arxentina, Bolivia, o Uruguai, Chile, o Perú, Venezuela e Colombia, onde se lle coñece como chunchules, choncholí, chinchurria e chunchullo.
  • Chitterlings, intestinos do porco cocidos. Con este nome coñécese aos chinchulines na gastronomía de Norteamérica.
  • Chocolate amargo, especialmente os que conteñen unha alta porcentaxe de cacao (75% ou 85%, por exemplo).
  • Cilantro
  • Criadillas, Rocky Mountain oysters ou Ostras das Montañas Rochosas, como se chama aos testículos do touro en castelán e nos Estados Unidos.
  • Coca de mollitas, variedade de coca salgada típica da Provincia de Alacante (sur da Comunidade Valenciana, España).
  • Colliflor, vexetal de forte cheiro durante a súa cocción.
  • Cobaia ou coello de indias.
  • Durián, especie de durio de cheiro acre procedente do sueste asiático.
  • Ourizo de mar, un animal do que se comen as ovas en Canarias e diversas zonas da Península Ibérica (erizo en castelán, oriciu en asturiano) e no Xapón, onde se lle chama uni (うに, 雲丹).
  • Fernet, un dixestivo elaborado a base de herbas particularmente forte.
  • Guaguamama, un prato preparado con placenta de vaca e especias. Atribúeselle un aumento da fertilidade feminina en Ecuador.
  • Gueuze, cervexa de tipo lambic orixinaria de Bélxica.
  • Habichuelas con dulce, unha combinación de feixóns roxos, leite, azucre, batata, galletas e especias como canela ou craveiro. É un prato da República Dominicana que se come en Semana Santa.
  • Haggis, prato nacional de Escocia, un embutido feito cos pulmóns, corazón e fígado de cordeiro.
  • Hákarl, quenlla putrefacta típica da cociña de Islandia.
  • Fígado.
  • Huitlacoche, un fungo que infecta ao millo, popular na cociña mexicana.
  • Jiló, unha froita amarga (cociñada como un vexetal) popular no Brasil.
  • Kimchi, un prato tradicional da cociña coreana baseado en chili fermentado e vexetais, xeralmente con col chinesa.
  • Kutti pi, un prato anglo-indio que consiste en testículos de cáprido.
  • Laphroaig, un whisky escocés elaborado con malte afumada.
  • Lapsang souchong, un té negro chinés afumado.
  • Lutefisk, un prato de peixe branco seco preparado con sosa cáustica.
  • Madejas, un prato típico de Aragón (España) elaborado a partir de intestinos de cordeiro adubados.
  • Marisco, para algunhas culturas o sabor das ostras ou outros tipos de marisco son desagradábeis e comparábel a comer calquera tipo de artrópodo.
  • Marmite, pastas para untar elaboradas con extracto de fermento, orixinarias de Australia.
  • Mate, unha infusión orixinalmente amarga (aínda que pode prepararse doce) que se consome maiormente en países de América do Sur, especialmente na Arxentina, o Brasil, Bolivia, Chile, Paraguai e o Uruguai.
  • Morcilla, salchicha feita a base de sangue de porco e especias, presente na gastronomía de España, Portugal e de varios países de América.
  • Mostaza, mostarda.
  • Nattō, grans de soia fermentados presentes na cociña xaponesa.
  • Cogombros de mar, equinodermo de corpo alongado.
  • Perexil ou pirixel, herba que se usa como condimento.
  • Prairie Oysters, Ostras das Chairas, testículos de touro, becerro ou cervo. Termo orixinario das Grandes Chairas canadenses.
  • Pu erh, un vermello con sabor terroso.
  • Queixos fortes, tales como os queixos azuis, queixo de cabra, queixo de Cabrales, Gamalost, Milbenkäse (queixo elaborado con excrementos de ácaros) e outros.
  • Salmiakki, lambetada salgada que se utiliza como aderezo da regalicia nos países nórdicos e os Países Baixos.
  • Suri, larva apreciada na gastronomía da Amazonia, xunto a certos tipos de formigas.
  • Surströmming, arenque fermentado do mar do Norte.
  • Tempeh, un alimento fermentado elaborado con soia moi popular nas cociñas do Sueste Asiático.
  • Ubre, teta de vaca ás brasas.
  • Viño e as súas variedades.
  • Wasabi e por similitude o ravo, en especial algúns tipos, debido ao seu forte cheiro e sabor.
  • Zarajos, un prato típico de Conca (España) elaborado a partir de intestinos de cordeiro adobados.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Dicionario; gosto". Real Academia Galega. Consultado o 2022-03-31. 
  2. "Dicionario; gusto". Real Academia Galega. Consultado o 2022-03-31. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]