Comida
A comida é cada unha das accións de comer, polo xeral a unhas horas máis ou menos fixas, que se fai a diario. Estes son o almorzo, o xantar, a merenda e a cea. En función da hora, do contexto social e cultural, os pratos que se consomen tenden a variar.
Tamén se chaman comidas ós almorzos, xantares, merendas ou ceas que se fan co gallo dunha festa, unha reunión, etc. na honra de alguén ou de algo.
Partes dunha comida[editar | editar a fonte]
Os xantares e ceas consisten en principio das seguintes partes:
- Aperitivo ou vermut, no que se serven alimentos lixeiros e que se poden servir con calquera bebida. Non é obrigatorio, e xeralmente faise en domingos ou en grandes comidas e festas.
- O primeiro prato
- O segundo prato
- Sobremesa. Despois da sobremesa pódese tomar un café ou un dixestivos e pode facerse para romper a falar na mesa.
Ás veces, pode ser que no canto de facer un primeiro prato e, a continuación, un segundo, tamén cabe a posibilidade de comer un único prato.