Ferruccio Panagini
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de outubro de 1929 Novara, Italia |
Morte | 20 de abril de 2010 (80 anos) Novara, Italia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Italia (1946–2010) Reino de Italia (1929–1946) |
Actividade | |
Lingua | Lingua italiana |
Deporte | hóckey a patíns |
Posición de xogo | Atacante |
Ferruccio Panagini, nado en Novara (Piemonte) o 12 de outubro de 1929 e finado en Novara o 20 de abril de 2010, foi un xogador e adestrador de hóckey a patíns italiano campión do mundo en 1953.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Ferruccio Panagini iniciou a súa carreira deportiva no club da súa cidade natal, o Hockey Novara, club co que gañou seis ligas (1946, 1947, 1949, 1950, 1958 e 1959). Fixo o seu debut na selección italiana en 1948, a partir daquela e ata a súa retirada da selección azzurra en 1961 colleitou 157 participacións, aínda que o seu mellor momento na selección chegou en 1953 coa consecución do Campionato do Mundo disputado en Xenebra (Suíza) e que supuxo o primeiro título mundial de Italia nesta modalidade deportiva[1] Logo da súa etapa como xogador foi comisario técnico da selección italiana entre 1964 e 1969. Foi nomeado a Cavaliere della Repubblica Italiana.
Finalizada a súa experiencia na selección converteuse no adestrador do seu equipo de sempre, o Novara, gañando oito scudetti entre 1969 e 1977 coa única interrupción do campionato de 1976 no que se clasificou segundo. Foi galardoado coa Medalla de ouro ao valor atlético.
Palmarés[editar | editar a fonte]
Como xogador[editar | editar a fonte]
Hockey Novara[editar | editar a fonte]
- 6 Ligas Serie A1: 1946, 1947, 1949, 1950, 1958 e 1959
Selección italiana[editar | editar a fonte]
- 1 Campionato do Mundo: 1953
Como adestrador[editar | editar a fonte]
Hockey Novara[editar | editar a fonte]
- 8 Ligas Serie A1: 1969, 1970, 1971, 1972, 1973, 1974, 1975 e 1977
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Esta competición tamén foi considerada Campionato de Europa.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |