Escola de Imaxe e Son da Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°20′18″N 8°24′58″O / 43.338304, -8.415994

Escola de Imaxe e Son da Coruña
Vista das instalacións
Enderezo
Datas
Creación1990
Educación
Xestión
Na rede

A Escola de Imaxe e Son da Coruña é unha institución de ensino que ten coma obxectivo formar a expertos en creación audiovisual.

Historia[editar | editar a fonte]

A necesidade dunha Escola de Imaxe en Galicia foi unha das reivindicacións permanentes nos encontros e debates sobre a imaxe celebrados dende 1984. O proxecto da Escola de Imaxe e Son da Coruña naceu en maio de 1988 coa constitución dun seminario permanente formado por Xosé Luis Mira, Pepe Coira Nieto, Manuel Abad Abad, Xosé Búa González, Manuel González Álvarez, Antonio Río, Félix Casado Nuñez , Víctor Algibay, Xosé Luis Moar Rivera e Félix Rodil.

En setembro de 1989 convocouse o concurso público de adxudicación das obras no recinto do IFP Someso. En xaneiro de 1990 publicouse no DOG o decreto de creación da Escola e o 23 de febreiro do mesmo ano aprobouse no BOE o regulamento do Módulo de operacións de imaxe e son. Ao longo de 1990 proseguiron as accións administrativas (equipamento, profesorado, etc.), ata a inauguración oficial da Escola o 14 de febreiro de 1991.

Primeiros responsábeis[editar | editar a fonte]

O seu primeiro director (1990-1998) foi Manuel González Álvarez. O equipo inicial estivo formado por:

Posteriormente incorporaríanse novos profesionais, como Fran Negreira, Gustavo Pernas Cora, Pepe Coira Nieto, Isabel Romero, Francisco Lodeiro Gómez ou Manuel Rial.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]