Eparquía católica ucraína de Wrocław-Gdańsk
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Polonia | ||||
Poboación | |||||
Lingua usada | lingua ucraína | ||||
Relixión | Uniatas (pt) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1996 | ||||
Catedral | Church of St. Vincent (en) | ||||
Páxina web | cerkiew.net.pl |
A eparquía de Wrocław-Gdańsk (en latín: Dioecesis Vratislaviensis-Gedanensis) é unha sé da Igrexa Católica Ucraína sufragánea da arquieparquía de Przemyśl-Varsovia. En 2010 tiña 25.000 bautizados. O seu ordinario actual é o bispo Włodzimierz Roman Juszczak.
Territorio[editar | editar a fonte]
A eparquía abrangue a Polonia occidental e central, con xurisdición sobre os fieis da Igrexa Católica Ucraína.
A sé eparquial é a cidade de Wrocław, onde está a catedral dos Santos Vicente e Xacobe. En Gdańsk está a concatedral de San Bertomeu e da Protección de María Santísima.
O territorio está organizado en 4 vigairías e en 57 parroquias.
Historia[editar | editar a fonte]
A eparquía foi erixida o 1 de xuño de 1996 coa bula Ecclesia catholica do papa Xoán Paulo II, en territorios da arquieparquía de Przemyśl-Varsovia.
Episcopoloxio[editar | editar a fonte]
- Teodor Majkowicz (1 de xuño de 1996 - 9 de maio de 1998, finado)
- Włodzimierz Roman Juszczak (24 de abril de 1999 - actualidade)