Exarcado apostólico católico ruso de Rusia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaExarcado apostólico católico ruso de Rusia
Exarchatus Apostolicus Russiae (la) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Poboación
Lingua usadalíngua eslava eclesiástica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Comparte fronteira con
Creación1917 Editar o valor em Wikidata

Páxina webrkcvo.ru Editar o valor em Wikidata

O exarcado apostólico de Rusia (en latín: Exarchatus Apostolicus Russiae) é unha das dúas sés da Igrexa Católica Bizantina Rusa inmediatamente suxeita á Santa Sé. A sé actualmente está vacante.

Territorio[editar | editar a fonte]

O exarcado ten xurisdición sobre todos os católicos de rito bizantino en Rusia. Existen dúas parroquias en Moscova, unha en San Petersburgo, unha en Omsk e unha en Nizhnevartovsk.

Historia[editar | editar a fonte]

O exarcado apostólico foi erixido en 1917.[1] Os seus dous exarcas sufriron o martirio e foron beatificados o 27 de xuño de 2001 polo papa Xoán Paulo II en Lviv.[2]

O 20 de decembro de 2004 a Congregación para as Igrexas Orientais nomeou o bispo latino de Novosibirsk, Joseph Werth, ordinario para os católicos de rito oriental en Rusia.

Hoxe en día existen en Rusia arredor de 30 comunidades de católicos orientais.

Episcopoloxio[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Osipova, Irina Ivanovna. Hide Me Within Thy Wounds: The Persecution of the Catholic Church in the USSR. p. 71. ISBN 9781891193385. 
  2. "Mykola Carneckyj e 24 compagni". Congregazione delle Cause dei Santi (en italiano). Consultado o 26/03/2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]