Conversa usuario:Gasparoff

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Gasparoff!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Estevo(aei)fálame aquí 26 de febreiro de 2021 ás 07:15 (UTC)[responder]

Axudas ortográficas[editar a fonte]

Ola Gasparoff. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! . HombreDHojalata.conversa 11 de abril de 2021 ás 20:47 (UTC)[responder]

Ola HombreDHojalata, Teño máis dificultade coas arrobas que aparecen espalladas por todo o texto no tradutor, non se sabes un xeito doado e rápido de suprimilas. Grazas, un saúdo. Gasparoff (conversa) 11 de abril de 2021 ás 23:42 (UTC)[responder]
Instalei un corrector ortográfico, pero marca como incorrectas cousas como o plural de -BEL en -BEIS (como en amábel / amábeis) que son correctas. Alén diso aínda hai algúns erros máis que vou corrixindo facendo edicións menores, pero ás veces aparecen no texto da ferramenta da tradución de Wikipedia os símbolos # e @ que non dou quitado salvo editando a fonte (coa ferramenta de editar ás veces non só é que non se quitan, senón que aparecen noutro sitio!).
Un saúdo. Gasparoff (conversa) 12 de abril de 2021 ás 00:47 (UTC)[responder]
Boas @Gasparoff, eu uso Firefox en galego co corrector ortográfico activado e funciona ben. Non sei noutros navegadores mais entendo que será o mesmo. Saúdos - Cossue (conversa) 12 de abril de 2021 ás 06:46 (UTC)[responder]
Si, instalei tamén o Firefox en galego e vai bastante ben, aínda que marca como incorrectas palabras como greco-orientais (e tamén grecoorientais, aínda que grecorromana si que a acepta), ou autoconfianza, confiábeis, emocionalidade, multifocal, empática, linealmente (creo que probei todas as variantes: liñalmente, linearmente, liñarmente...) e nomes que aparecen do mesmo xeito enlazados na Galipedia, como Praxíteles, etc. Alén diso, o que máis problema me dá é que aparecen símbolos de # e @ por toda a tradución, que teño que perder tempo para ir sacándoos un a un na edición de fonte porque editando os marcos volven a aparecer... ou saen logo descolocados polo texto! Sabes se hai maneira de eliminar un símbolo repetido dunha vez? (xa que polo xeral nin as arrobas nin os # se usan case nunca). Gasparoff (conversa) 12 de abril de 2021 ás 14:16 (UTC)[responder]
Desculpa, non entendera ben a túa mensaxe, se o problema é co tradutor automático da wikipedia aí xa non podo axudar, non sei nin como vai. - Cossue (conversa) 12 de abril de 2021 ás 20:53 (UTC)[responder]
Ola Gasparoff. Non existe a tradución perfecta. Calquera deles o da Wikipedia, o de Google ou outros que existen, son imperfectos. E son ferramentas. Por iso, para un gran volume de tradución son útiles pero sempre hai que lles dar unha volta porque hai palabras correctas que marcan como se non o fosen e ao revés. A maiores, hai que empregar dicionarios como poden ser os da Academia ou Digalego para sacar o termo correcto. De tódolos xeitos, non te agobies porque na Galipedia preferimos a calidade fronte a cantidade. Mellor facer un bo artigo que teña sentido na lingua que moitos artigos que soan "raro" e con termos incorrectos. Ánimo e a darlle duro. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 13 de abril de 2021 ás 09:23 (UTC)[responder]
Boas!
Grazas polos ánimos. Iso que comentas pasoume con varios artigos, dos que fixen varias edicións despois das traducións para que se lese máis fluído, e nas que se me coara algunha terminación "-ção" por "-ción" do portugués, ou algúns "paira" en vez de "para" do castelán (que ademais o corrector non detecta como gralla).
Nese sentido, resultoume especialmente complicado o artigo da Arte hispanomusulmá, na que algúns termos son en castelán derivados do árabe, pero crean confusións con palabras parecidas. Por exemplo cambiei o "mocárabe" do castelán, que tamén se pode dicir en galego e portugués, polo muqarna que aparece na wiki en portugués, onde ademais se pode confundir o -C- co -Ç- aínda que mocárabe non ten tada que ver con mozárabe. Para maior reviravolta, hai estudos que diferencian as muqarnas das muqarbas https://www.alhambra-patronato.es/mocarabes-versus-muqarnas-2, aínda que proveñen da mesma raíz etimolóxica (como algoritmo e guarismo en castelán).
Había moi poucos artigos de arte islámica en galego e empecei a traducir algún, coma o da Cúpula de Soltaniyeh. Será que nos quedou aquel tempo no inconsciente colectivo e por iso non nos atrae... ou se cadra non ten nada que ver. De todos xeitos tamén me interesan outros temas de arte actual, da percepción e de tecnoloxías aplicadas ás artes, así que igual deixo os arabescos por un tempo... logo de que lles dea un acabado digno aos que levo feitos, que seguro que atopo algúns termos máis axeitados, ou algunha maneira máis clara de expresalo.
Un saúdo!
PS/ Vin que o artigo título do artigo o puxera mal (en masculino) e agora está pasado a "Arte hispanomusulmá", pero para lectores despistados non sei se podería facer unha redirección desde "Arte hispanomusulmán", ou mesmo "Arte hispano-musulmán" e "Arte hispano-musulmá". Gasparoff (conversa) 13 de abril de 2021 ás 13:16 (UTC)[responder]
Non hai problema. Hai que ir aprendendo. Eu tamén toco moitos artigos de arte e o vocabulario é un problema porque en galego non sempre está fixado. Eu recomendaríache que botaras unha ollada, de cando en vez, ás ligazóns da benvida. Verás que con pequenos arranxos, os artigos gañan moito en presenza e calidade. Soamente, unha última cousa. Cando respostas a un usuario pode facerse na súa páxina de conversa abrindo unha nova conversa ou, coma neste caso, se respostas dende a túa, debes comezar co signo "@"seguido sen espazo do nome de usuario da persoa. Se non se fai así, non lle chega o aviso. Eu vin agora a túa resposta de casualidade, Máis nada. A darlle duro, e para o que queiras, na miña páixan de conversa. Saúdos. MAGHOI (conversa) 13 de abril de 2021 ás 13:44 (UTC)[responder]
Grazas @MAGHOI !
Entendido, vou ir revisando as páxinas de benvida. Supoño que o de "vixiar a páxina" tamén é para ser avisado cando se modifique, non?
Saúdos! Gasparoff (conversa) 13 de abril de 2021 ás 14:52 (UTC)[responder]

Ola de novo. Referíame á parte superior desta mesma páxina, onde xunto coa benvida, hai ligazóns e consellos sobre como facer un artigo, o formato das referencias, as partes do artigo etc. Normalmente, ninguén de nós le nunca ningún folleto de instrucións. Pero cando leves un tempo e vexas, como agora, que as cousas non saen como queres, unha maneira é preguntar a outros usuarios e tamén botarlle unha ollada a eses consellos (repito na parte superior desta mesma páxina). Saúdos. --MAGHOI (conversa) 13 de abril de 2021 ás 15:03 (UTC)[responder]

Boas! Grazas @MAGHOI, moi útil e moi ben explicado. Saúdos! Gasparoff (conversa) 14 de abril de 2021 ás 12:38 (UTC)[responder]

Matemáticas e arte[editar a fonte]

Ola, Gasparoff. Parabéns pola tradución deste artigo. Engadín as imaxes que faltaban. Serías quen de traducir tamén as referencias que teñen texto?.Saúdos MAGHOI (conversa) 15 de abril de 2021 ás 15:41 (UTC)[responder]

Ola @MAGHOI, grazas pola axuda! Nas referencias pasou algo raro desde o modelo de tradución, que non funcionaba e aparecía o da esquerda en castelán en columnas de moi poucos caracteres, (catro ou cinco?) así que o que fixen foi un corta&pega na parte traducida, co que aparecen as notas pero non sei como as podo traducir porque están como bloqueadas. Ao tratar de editar aparece este texto:
Lista de referencias xerais / Esta referencia é xerada a través dun modelo e polo momento só pode editarse en modo fonte.
Pero en modo fonte só me aparece isto: "== Notas ==" e Listaref|30em entre catro corchetes. Gasparoff (conversa) 15 de abril de 2021 ás 20:07 (UTC)[responder]
Boas. As referencias, cando se traducen mecanicamente dende outra páxina, rara vez quedan ben. Date de conta que, na Galipedia, temos un formato lixeiramente diferente doutras wikis. Por exemplo, na española, aparece como título "Referencias" mentres na Galipedia ten que ser "Notas". O de Listaref|30em, é un código que se emprega aquí para que as Notas aparezan divididas en 2 ou 3 columnas de xeito automático.
Para a tradución das notas, hai que premer na palabra de "Editar" (como se se fose engadir máis contido) e despois premendo, no texto e cada nota, "Editar" cada nota coa nova tradución. Finalmente, gardar. Por iso, en artigos grandes o texto é doado de traducir, máis ou menos rápido, procurando que teña un sentido completo, pero as imaxes e as notas dan máis guerra. Saúdos. MAGHOI (conversa) 18 de abril de 2021 ás 16:01 (UTC)[responder]
Pois tes razón @MAGHOI, o principal problema que tiven cos textos foi que ás veces é laborioso andar quitando os caracteres máis ou menos aleatorios que aparecen, e que o editor non permite publicacións sen modificar o traducido (alerta se hai máis dun 85% de coincidencia ou por aí). No caso das notas desta entrada, algunhas ficaron en inglés. outras traducíronse automaticamente ao galego, e outras están en castelán, como a #14 e a #24, e agora non sei ben como cambialo. Saúdos Gasparoff (conversa) 19 de abril de 2021 ás 05:21 (UTC)[responder]

Facer tamén as redireccións[editar a fonte]

Ola Gasparoff.

Cando inicies un artigo, cun título determinado, quizais haxa que preguntarse se ese artigo podería ter outros títulos distintos. Póñoche un exemplo: o artigo "Inez Haynes Irwin". No propio texto dicimos "Moitas das súas obras publicáronse co seu antigo nome Inez Haynes Gillmore", por tanto debe facerse, tamén, a redirección desde "Inez Haynes Gillmore". En caso contrario podería chegar a darse a indesexable situación de que outros artigos, existentes ou futuros, liguen con Inez Haynes Gillmore e as ligazóns aparezan en vermello, cando realmente dispoñemos do artigo. Tamén podería suceder que alguén picara nesa ligazón vermella e iniciara un artigo novo, co resultado de que teriamos un artigo duplicado.

Con Haynes talvez abonde cunha redirección, noutros casos poden precisarse moitas: p. ex. encollendo ou estendendo máis ou menos o nome, segundo sexan nomes máis ou menos compostos (incluso incluíndo nomes con abreviaturas), redireccións dende as formas galeguizadas ou as de nacemento, con preposicións, sen proposicións... p. ex. Rosalía Castro de Murguía, Rosalía Castro, Rosalía C. de Murguía, Rousalía Castro, Rousalía Castro de Murguía, María Rosalía Rita de Castro, Rosalía de Castro Abadía, Rosalía de Castro Abadía de Murguía, María Rosalía Rita Expósito… Unha boa forma de atopar diferentes formas dun nome, para un persoeiro determinado, é consultar as páxinas das autoridades ligadas no cadro de control que aparece ao final da páxina (VIAF. GND, ISNI…)

Tes máis información sobre este tema na política oficial "Wikipedia:Redireccións" e na páxina Axuda:Como redireccionar unha páxina.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! . HombreDHojalata.conversa 19 de abril de 2021 ás 08:44 (UTC)[responder]

Grazas @HombreDHojalata
É moi útil esa información (curioso que Rosalía poida ter tantas variantes, incluída "Rosalía", que acabo de ver que tamén redirixe aí avisando dos homónimos). No de https://gl.wikipedia.org/wiki/Perspectiva é o que tratei de facer, como me indicou @Estevoaei, non sei se viches algún outro onde me teña pasado algo parecido... Sempre tratei de facer procuras para non duplicar artigos (por exemplo nos de arte ou escultura), e no que pode pasar algo así é no que traducín de Videoinstalación que dentro enlaza con Videoarte, que non é exactamente o mesmo (é a actividade artística que se basea no aproveitamento das posibilidades de comunicación que ofrecen a TV e o vídeo, pero non sempre mediante videoinstalacións, aínda que coindida que os artistas de videoarte fagan videoinstalacións). Noutras wikis, como a de portugués e castelán tamén hai esa ambigüidade, ou algunha confusión, e en algunha outra directamente non hai entrada de videoarte, coma na de catalán. O que acabo de facer ao ler esta mensaxe, creo que é acaido, é engadir un vínculo dentro do artigo de 'videoarte' hacia 'videoinstalación'.
Grazas polos consellos e por estares pendente dos que somos novos (ou novatos). Un saúdo! Gasparoff (conversa) 19 de abril de 2021 ás 14:25 (UTC)[responder]

Evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos[editar a fonte]

Ola Gasparoff.

É mellor evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos. Se queres, podes axudarte da ferramenta de detección da Galipedia, activándoa en:

  PreferenciasTrebellosNavegación Homónimos: Activar o detector de homónimos   (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).

Tes máis información en: Wikiproxecto mantemento#Ligazóns a páxinas de homónimos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! . HombreDHojalata.conversa 20 de abril de 2021 ás 22:09 (UTC)[responder]

Ola @HombreDHojalata.
Grazas! Xa o activei, pero hai varias ligazóns que enlacei a homónimos e vou ter que ir correxindo as edicións.
Un saúdo! Gasparoff (conversa) 20 de abril de 2021 ás 23:31 (UTC)[responder]

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia[editar a fonte]

Ola Gasparoff.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
Exemplo de recoñecemento.
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente ou complementariamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! . HombreDHojalata.conversa 21 de abril de 2021 ás 23:01 (UTC)[responder]

Boas @HombreDHojalata,
estiven a ver os exemplos do Resumo pero non atopo a maneira de incluír a caixa para indicar as traducións. Activei por defecto o "Avisar cando o campo resumo estea baleiro (ou o resumo de desfacer predeterminado)" e probei a facer unha pequena edición (corrixir a ortografía) do artigo /Creatividade, pero non me aparece o aviso (e tampouco vexo o cadro). Procurei na edición de /Albert_Einstein, pero aínda que é a páxina que pon como exemplo no que se indica que é tradución das wikis en portugués e inglés, tampouco o atopo.
A ver como o arranxo, desculpas se estou moi espeso. Gasparoff (conversa) 22 de abril de 2021 ás 11:36 (UTC)[responder]

Florilexios e códices botánicos[editar a fonte]

Ola! Podes revisar Florilexios e códices botánicos? O tradutor automático fixo bastantes trapalladas, como "siglo VI" -> "século VIN", ou "Le voyage" -> "Lle voyage". Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 24 de abril de 2021 ás 07:19 (UTC)[responder]

Certo, grazas, tamén se me coaron cousas como "Xeneral" en vez de General nun título en inglés, palabras xuntas que debían estar separadas ou títulos sen estar en cursiva. Correxín o quevin pero apareceu un clonflicto de edición. Á tarde reviso a ver como está. Saúdos! Gasparoff (conversa) 24 de abril de 2021 ás 10:20 (UTC)[responder]
Disculpa @Estevoaei, que non estou afeito e non te mencionei ao responder. Gasparoff (conversa) 24 de abril de 2021 ás 12:07 (UTC)[responder]

Ola, Gasparof. Coloquei un marcador de ortografía neste artigo porque esa sección ten algunhas faltas e varias das ligazóns remiten a pt:wiki. Por outra banda, lembra que o formato da Galipedia non é exactamente igual a outras wikis. Por exemplo, as "Notas" van antes do "Véxase tamén". E debaixo deste van, por esta orde e como subcabeceiras: Bibliografía, Outros artigos e Liggazóns externas (non Enlaces externos). Tes máis información aquí: Wikipedia:Libro de estilo. Un saúdo. E a seguir. MAGHOI (conversa) 26 de abril de 2021 ás 15:09 (UTC)[responder]

Ola @MAGHOI, tratei de darlle unha volta para axustar o artigo ao libro de estilo. Tamén incluíra unha referencia co enlace " El guiño de Inside Out al efecto Bouba Kiki (hipertextual.com)" e citara outro libro que recolle o mesmo efecto, pero desapareceu desta edición, se cadra porque o estaba a editar e non me decatara de que xa puxeras un aviso.
Un saúdo. Gasparoff (conversa) 26 de abril de 2021 ás 15:28 (UTC)[responder]

Ola, Gasparoff! Moitas grazas polas túas achegas. Indícoche algunhas cousas que o tradutor non fai e que cómpre facer a man: é interesante engadir antes das categorías o Modelo:Control de autoridades ({{control de autoridades}}); e despois das referencias, segundo o Libro de estilo, o formato é o seguinte:
==Véxase tamén==
===Outros artigos===
===Bibliografía===
===Ligazóns externas===

Ademais, no caso das biografías, na introdución en vez de poñer "Fulanito de Tal (tal lugar, tal data - lugar, data)", debe poñerse Fulanito de Tal, nado en tal sitio en tal data e finado en tal sitio en tal data".

Se tes calquera dúbida, pregunta que para iso estamos :) Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 8 de maio de 2021 ás 16:42 (UTC)[responder]

Grazas @Estevoaei, o do formato xa mo indicou tamén @MAGHOI e agora sempre me lembro de pór primeiro as Notas e ao final o das Ligazóns externas, pero xa vexo que me confundín no do medio. Daquí en diante farei así tanto a orde como a maneira de empezar as biografías.
Saúdos! Gasparoff (conversa) 9 de maio de 2021 ás 14:32 (UTC)[responder]

Categorizar[editar a fonte]

Ola @Gasparoff: Veño de arranxar o estilo no artigo Artefacto de compresión de acordo ao WP:LE tal e como che indicou Estevo. Amais, o artigo carecía de categorías, dado que moitas veces cando traducimos dende a ferramenta automatizada de apoio estas quedan atrás e temos que revisar ben para engadilas despois. Isto é debido a que moitas destas categorías do artigo orixinal non teñen a súa correspondente categoría na Galipedia e cómpre facer un apaño nelas, xa que o tradutor as desbota. Para facelo, podes utilizar o editor visual tal e como se indica na imaxe máis abaixo ou ben podes activar e empregar a ferramenta HotCat que fai moito máis doado atopar e engadir categorías.

Lembra ir revisando unha a unha as túas traducións; unha das partes máis importantes dos artigos son as categorías, polo que non podemos esquecernos delas. Non te preocupes moito por isto, imos aprendendo amodiño, encántame o traballo que realizas diariamente no noso wiki, noraboa e grazas. Unha aperta e a seguir! --RubenWGA (conversa) 11 de maio de 2021 ás 12:30 (UTC)[responder]

Grazas @RubenWGA !
Ao principio nen sabía como pór as categorías, agora trato sempre de incluír algunhas desde que mo dixo @MAGHOI, e vou revisando arrtigos de hai semanas, onde non tiña iso en conta.
Grazas a vós, a todos os que en case vinte anos fostes construíndo a Wikipedia en xeral, e en particular a versión en galego.
Apertas! Gasparoff (conversa) 11 de maio de 2021 ás 13:12 (UTC)[responder]

Conversa:imaxe de mapa de bits[editar a fonte]

Olá, Gasparoff. Lembra asinar os comentarios como na conversa:imaxe de mapa de bits. Saúdos MAGHOI (conversa) 24 de maio de 2021 ás 13:50 (UTC)[responder]

Feito. Grazas! Gasparoff (conversa) 24 de maio de 2021 ás 14:03 (UTC)[responder]

Conversa: Tricomatismo[editar a fonte]

Ola Gasparoff. Lembra que cando abras unha "nova sección" na páxina de conversa dun artigo, tamén cómpre asinalo, como en Conversa:Tricomatismo.

Por outra banda, unha recomendación. Cando se traduce un artigo doutra wiki, en lugar de pór só a indicación de onde provén, adoitamos colocar na páxina de conversa unha serie de indicacións que fan que quede moito mellor e máis completo; como o que queda en Conversa:Amalaberga. Ademais diso, ao colocar ese código, as traducións quedan ordenadas e agrupadas por lingua nunha páxina oculta.

Pégoche as intrucións por se o queres facer e así queda agrupado nunha páxina de orixes das traducións. Son estas:

Normalmente, métese na páxina de conversa do artigo cunha estrutura determinada porque permite facer categorías e estatísticas automáticas. Serían 5 elementos separados por | (normalmente conséguese con AltGr+1)--> {Traducido de|código da lingua|Texto en cursiva|artigo orixinal|Texto en negra|data da tradución|Texto en negra|número da revisión} ////Aquí poño só unha chave, para que non apareza código.

O proceso sería así:

  • Ábrense e péchanse con 2 chaves
  • Escríbese: "Traducido de"
  • Código da lingua (en, para o inglés; es para o castelán; it, para italiano)
  • Artigo orixinal (nome do artigo orixinal)
  • Data de tradución (cóllese da páxina do historial; normalmente será o derradeiro; formato: dd-mm-aaaa)
  • Nº de revisión (na mesma páxina do historial, premendo sobre a data ; verás que aparece na barra de menú do explorador que teñas onde se fai referencia ao artigo no que estás (https://it.wikipedia.org....... e todo o demais) un número (que é o número despois de "&oldid="). Pois, ese é o que se copia.

__________

Xa me dou conta de que son moitas indicacións cando comezamos, pero así, paseniñamente, imos creando artigos con xeito e cun maior grao de calidade. Grazas polo teu traballo, e as seguir dándolle duro. Unha aperta. MAGHOI (conversa) 3 de xuño de 2021 ás 16:21 (UTC)[responder]

Boas @MAGHOI, grazas polas indicacións!
Xa o acabo de cambiar na páxina da Conversa:Tricromatismo. Agora se quero engadir que tamén ten partes doutras linguas como fago, o mesmo debaixo? Quero dicir, se hai moito máis traducido de portugués que de francés, ponse da mesma maneira?
Unha aperta. Saúdos! Gasparoff (conversa) 3 de xuño de 2021 ás 17:03 (UTC)[responder]
Ola, de novo. Moi ben feito. Normalmente, ao traducir tómase un artigo como base, e ese é o que deberia quedar indicado. A partir diso, as modificacións realizadas doutros wikis nas sucesivas edicións, reflíctense no apartado do "Resumo", como calquera outra modificación. Saúdos.--MAGHOI (conversa) 4 de xuño de 2021 ás 11:52 (UTC)[responder]
Pois agora irei facendo o mesmo daquí para adiante, e pouco a pouco revisarei as que fixen sen telo indicado deste xeito. Saúdos! Gasparoff (conversa) 4 de xuño de 2021 ás 14:27 (UTC)[responder]
Ola, Gasparoff. Vexo que estás a poñer o modelo Traducido de, estupendo!. Non esquezas, por favor, encher todos os parámetros: veño de corrixir varios aos que lles faltaban os dous último: a data da edición orixinal na outra lingua e o identificador do número de edición desta. Non che repito a explicación, porque xa cha puxo MAGHOI máis arriba, pero se tes dúbidas non teñas medo de preguntar, ok?.Saúdos!.-- Maria zaos (conversa) 6 de maio de 2022 ás 18:03 (UTC)[responder]
Grazas. Xa me dixo que é importante facelo dese xeito. En xeral sempre o fago (igual se me pasa algún, porque acostumo a facer varias páxinas de conversa xuntas, para usar o C&P); nas páxinas pequenas, de un ou dous parágrafos ás veces deixo o dos últimos parámetros, ou cando engado información con outras referencias, e na maioría trato de pór tamén a data e o identificador. Tamén o fago ás veces noutras páxinas feitas por outra xente, buscando a páxina na lingua traducida, ou cando son varias achegas de varios usuarios co indicador de {visitas}. Saúdos! Gasparoff (conversa) 6 de maio de 2022 ás 18:40 (UTC)[responder]

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa[editar a fonte]

Ola Gasparoff. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa. Ti, por exemplo, deixaches unha mensaxe sen asinar en "Conversa:Os renovadores".

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.
Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.

Graciñas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 9 de xuño de 2021 ás 20:44 (UTC)[responder]

Certo, graciñas! @RubenWGA
Ese botón non me aparece, non sei por que, pero xa o farei a man.
@Gasparoff Gasparoff (conversa) 9 de xuño de 2021 ás 21:22 (UTC)[responder]
Grazas a ti por todo o traballo na Galipedia. Éche ben raro que non che apareza o botón, asegúrate de ter activada a barra de ferramentas de edición na sección de "Edición" na configuración das túas "Preferencias" (atópanse na esquina superior dereita do wiki); ten en conta que só aparece cando estás a editar unha páxina de conversa. Se non es capaz de activalo, simplemente lembra que escribir --~~~~ ten o mesmo efecto e serve igualmente para asinar as túas mensaxes nas páxinas de conversa. É un erro tan típico que adoita suceder moitísimo, mesmo a editores experimentados, todos nos despistamos de cando en vez. Nin te preocupes o máis mínimo. Unha aperta e a seguir, --RubenWGA (conversa) 9 de xuño de 2021 ás 21:32 (UTC).[responder]
@RubenWGA O de escribir --~~~~ non o sabía. Apertas!
A ver se o fago ben usando iso:
~~~~@Gasparoff Gasparoff (conversa) 9 de xuño de 2021 ás 21:42 (UTC)[responder]
A ver... probo de varios xeitos:
--~~~~Gasparoff
--~~~~@Gasparoff
~~~~Gasparoff Gasparoff (conversa) 9 de xuño de 2021 ás 21:44 (UTC)[responder]
Lembra non copiar o de "nowiki" que aparece ao editar a fonte, iso tiven que poñelo porque se non aparecería a miña sinatura, colle só os dous guións e mais as catro ~ e funcionará. --RubenWGA (conversa) 9 de xuño de 2021 ás 21:45 (UTC)[responder]
É o que fixen, non puxen o de nowiki, pero se cadra ao C&P incorporouse.
A ver agora --Gasparoff (conversa) 9 de xuño de 2021 ás 21:51 (UTC)[responder]
Ah, que ben, xa sei asinar :)
Grazas @RubenWGA! Gasparoff (conversa) 9 de xuño de 2021 ás 21:52 (UTC)[responder]
Grazas a ti pola paciencia e a vontade de aprender día a día, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 9 de xuño de 2021 ás 21:53 (UTC)[responder]
O raro é que estou a ver que antes xa aparecía a sinatura, pero non o sabía facer así (penso que só usaba a @ ) Gasparoff (conversa) 9 de xuño de 2021 ás 21:54 (UTC)[responder]
Sí, vexo que moitas veces só utilizabas o @Gasparoff, como en algunhas conversas de artigos nos que concretas de onde proceden as traducións, pero asinar unha mensaxe dese xeito non é do todo correcto xa que non dá toda a información necesaria como a forma que che acabo de explicar, pois esta inclúe as ligazóns necesarias para saber o usuario que a escribe, para poder ir á súa conversa etc, amais da data de sinatura. É moito máis cómodo deste xeito e é a maneira máis correcta de asinar. --RubenWGA (conversa) 9 de xuño de 2021 ás 21:59 (UTC)[responder]

Ola Gasparoff. Veño de mover o teu artigo Techné a Tekné para que manteña a concordancia coa forma que xa aparece noutros artigos. De tódolos xeitos, quedou unha redirección para que se poida localizar se fose preciso. E tamén amañei algo o formato das referencias. Saúdos. MAGHOI (conversa) 11 de xuño de 2021 ás 09:33 (UTC)[responder]

Graciñas @MAGHOI! Ben movido está. Pensara tamén en facer eu algo así cos outros termos (con e sen acentos gráficos), pero non sei ben a maneira, salvo crear unha web nova e pór un vínculo no texto (é o que fixen algunha outra vez). Saúdos. --Gasparoff (conversa) 11 de xuño de 2021 ás 11:06 (UTC)[responder]
Ola. Para mover unha páxina, hai que ir á parte superior do artigo onde aparece Ler|Editar a fonte... e ao despregar a pestana Máis, aparece Mover. Unha vez alí, aparece outra estrutura onde o básico é indicar a onde se quere mover ese artigo. No despregrable "Novo título", debe ir "(Principal)" e á súa dereita o novo nome que se querre dar. Tamén é importante na parte inferior, indicar se se quere ou non deixar unha redirección. Se o novo título é por un erro, non é preciso; mais, ás veces, como no caso de "Tekné" si é relevante para que se redireccionen dende outras grafías. Espero haberme explicado. Saúdos. MAGHOI (conversa) 11 de xuño de 2021 ás 11:42 (UTC)[responder]

Autoría[editar a fonte]

Ola, de novo, Gasparoff. Parabéns pola morea de artigos que estás a traducir. Só un detalliño. Cando na páxina de conversa indicas a procedencia da tradución, non é preciso indicar todas. Explícome. Normalmente, ao traducir doutra lingua, collemos un artigo como base. Ese si se indica na páxina de conversa como estás a facer. Porén, sobre ese primeiro artigo, se incorporamos texto doutro wiki, chega con indicalo no aviso que aparece cando damos a gardar. Espero haberme explicado. Máis nada. E a seguir. MAGHOI (conversa) 22 de xuño de 2021 ás 19:58 (UTC)[responder]

Ola @MAGHOI, algunha vez tamén o tiven feito así, pero non estaba seguro de como era mellor. No último que traducín hoxe, en Conversa:Sophie Küppers indiqueino así, aínda que ao final traducín máis da edición en alemán que da inglesa, e tamén puxen que provén dun traballo licenciado baixo CC BY-SA 3.0., que en inglés o fan vía un modelo estándar.
Grazas polos ánimos. Saúdos! --Gasparoff (conversa) 22 de xuño de 2021 ás 20:17 (UTC)[responder]

Ola Gasparoff. Por favor, bótalle unha ollada ao libro de estilo da Galipedia para aprender os patróns a seguir de cara á edición e creación no noso wiki e mais a estrutura que debe cumprir un artigo, con respecto ás túas edicións no artigo Área arqueolóxica de Tourón.

Grazas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 20 de decembro de 2021 ás 01:44 (UTC)[responder]

Boas. Facía tempo que non editaba e xa non me lembraba de que as Notas van antes que o Véxase tamén e outros apartados. Vin tamén que mudou o formato da Conversa. Grazas polos enlaces, un saúdo! Gasparoff (conversa) 20 de decembro de 2021 ás 22:54 (UTC)[responder]

Triángulo escaleno[editar a fonte]

Boas, o artigo Triángulo escaleno, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, MAGHOI (conversa) 6 de xaneiro de 2022 ás 17:13 (UTC)[responder]

Ola! Xa ampliei un pouco o artigo. Retirei o marcador (non sei se aínda é curto de máis). Un saúdo! Gasparoff (conversa) 6 de xaneiro de 2022 ás 17:31 (UTC)[responder]

Ola, como o levas?. Se andas a editar un artigo o mellor é poñer ao comezo {{enuso}} para evitar que os demais andemos a fedellar mentres aínda estás a traballar nel. Saúdos.--HacheDous=0 (conversa) 7 de xaneiro de 2022 ás 16:53 (UTC)[responder]

Grazas, así o farei. Neste caso xa terminara a tradución, pero variei o artigo para incluír os títulos en galego, e para engadir un parágrafo sobre as acusacións de racismo a Buster Keaton, non só neste filme, porque pensei que era importante esa mención. Logo fixen uns arranxos varios de cousas que estaban descadradas, coma as ligazóns externas e o Commons. Na redirección a "The General" deixei unha mensaxe, creo que estaría ben redireccionar desde todas as variantes coas que se proxectou ou publicitou o filme en galego, pero non sei ben como facelo, salvo en "Mover". Un saúdo! Gasparoff (conversa) 7 de xaneiro de 2022 ás 17:00 (UTC)[responder]
Tan só estamos seguros ao 100% da existencia dunha versión galega que leva por título "O maquinista da General" e ese ha ser o título que se considere galego; na rede hai outros títulos en galego pero moi dubidoso é que existan versións galegas con títulos claramente erróneos (...de a Xeneral) que non leva a ningures incluír, como tampouco ten sentido mirar en páxinas traducidas ao galego (automaticamente ou non) ao ser as versións que se exhibiron con subtítulos en castelán .--HacheDous=0 (conversa) 7 de xaneiro de 2022 ás 17:40 (UTC)[responder]
Seguramente a maioría son traducións literais do castelan (en portugués tivo varias versións, desde 'A General' a 'Pamplinas Maquinista'. Vin que anunciaban o filme con outros títulos en xornais dixitais como Lindeiros, que anunciaba a proxección con música ao vivo de 'O maquinista da Xeral', e La Voz, en castelán, tamén en "El duro reto de musicalizar películas del cine mudo", pero en fin, por min xa está ben así, que xa pon que había outros títulos. Gasparoff (conversa) 7 de xaneiro de 2022 ás 18:50 (UTC)[responder]
Síntoo non me dera de conta que aínda estabas a traballar no artigo; lembra poñer {{enuso}} para evitar que che pise/n o artigo.--HacheDous=0 (conversa) 17 de xaneiro de 2022 ás 15:29 (UTC)[responder]
Grazas! Non puxen o de {{enuso}}, que desde que mo avisaches xa o teño posto en varios artigos (e é moi útil), porque só entrara a arranxar a ortografía, basicamente a da ficha, e despois vin que había outras cousiñas, como a táboa cos modelos das cores que non os le... Vou probar a borrar ese indicativo, que o demais parece que está ben. Un saúdo! Gasparoff (conversa) 17 de xaneiro de 2022 ás 15:36 (UTC)[responder]

Ola, poderías botarlle un olla á conversa de Éire. Grazas.--HacheDous=0 (conversa) 18 de febreiro de 2022 ás 16:10 (UTC)[responder]

Vou mirar, grazas. Gasparoff (conversa) 18 de febreiro de 2022 ás 16:23 (UTC)[responder]

Título nas referencias[editar a fonte]

Boas, Gasparoff. Os artigos que estás traducindo teñen moitos erros nas referencias. Por favor, revísaas antes de facer novos artigos, porque leva moito tempo revisalas. Parabéns polo teu traballo. Ánimo e a seguir. --Chairego apc (conversa) 5 de marzo de 2022 ás 19:24 (UTC)[responder]

Vale, xa me poño con iso. Saúdos. Gasparoff (conversa) 5 de marzo de 2022 ás 19:35 (UTC)[responder]

Shamrock[editar a fonte]

Ola Gasparoff.

Poderías darlle un repaso a "Shamrock"?

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 10 de abril de 2022 ás 10:56 (UTC)[responder]

Podo, si, por varios motivos quedoume atrás esa (quería documentar máis a conexión dos shamrocks coas cruces do escudo galego, que antes foran trevos...), a do calidoscopio, a da Shap Stone Av. en Cumbria e non sei se algunha máis. Hoxe xa me poño con elas. Graciñas polo aviso. Un saúdo! Gasparoff (conversa) 10 de abril de 2022 ás 11:02 (UTC)[responder]

Tradución[editar a fonte]

Ola, Gasparoff. Parabéns polo gran traballo que estás a realizar. Igualmente, lembra indicar na páxina de conversa, a orixe da tradución. É importante cando é unha tradución completa do artigo, e non só un pequeno anaco, para cuestións estatísticas e de orde. Eu xa o fixen en Chouan. Un saúdo e a seguir. --MAGHOI (conversa) 18 de abril de 2022 ás 08:38 (UTC)[responder]

Boas. Grazas a vós os que creastes ou adaptastes a estrutura para que poida haber wiki en galego e todo o traballo de mantenemento e o compromiso que implica. Sobre o dos artigos, cando son un pouco grandes trato de facelo sempre como me indicaras, coa caixa co idioma, páxina, día e nº que identifica a versión específica; o que pasa é que ao facer varias a un tempo é máis doado para min editar as páxinas de conversa xuntas (primeiro publico, edito para quitar a sinatura e copio o modelo para a seguinte páxina), e ás veces pasa un día ou máis... Se é importante que se faga no momento tratarei de facelo así. amén o fago cando amplío artigos que estaban en esbozo, por exemplo en Estilo Internacional e racionalismo arquitectónico, que a revisei despois e deixei un identificativo de por que puxen as dúas iguais. Se cadra, ademais das de onte, que ía facer agora, quedoume algunha outra páxina de conversa atrás. Vou mirar, saúdos! Gasparoff (conversa) 18 de abril de 2022 ás 11:02 (UTC)[responder]

Armin Wolf[editar a fonte]

Boas, Gasparoff. Volvín o artigo de Armin Wolf ao título orixinal porque non cómpre o de xornalista. Iso faise cando hai colisión de varios artigos co mesmo nome e, polo tanto, créase unha páxina de homónimos e en cada artigo se especifica algo. Pero, repito, aquí non é necesario porque non hai dous artigos co mesmo nome. Saúdos e a seguir.--MAGHOI (conversa) 24 de abril de 2022 ás 16:58 (UTC)[responder]

Xa, grazas, é que estou a traducir o de Armin Wolf historiador medievalista. De feito a este do xornalista cheguei por el. Logo xa o mudo e fago a páxina de desambiguación. Saúdos! Gasparoff (conversa) 24 de abril de 2022 ás 17:02 (UTC)[responder]

Revisión de traducións[editar a fonte]

Ola Gasparoff, que tal? Veño de darlle un repasiño ao artigo Cartograma que creaches ti, que tiña bastantes avisos de erros nas referencias. Isto é bastante común cando se usa a ferramenta de tradución para traducir dende o inglés. Agora queda completar as referencias (hai moitas sen título ou outros campos necesarios) e comprobalas cotexándoas co artigo orixinal. Poderías facelo ti? O artigo foi creado en xuño de 2021 e agora tes moita máis experiencia editando, polo que penso que che será máis sinxelo. Calquera cousiña non dubides en consultarme. Graciñas!.--Maria zaos (conversa) 26 de abril de 2022 ás 18:52 (UTC)[responder]

Boas Maria! Si, xa o acabo de ver... seguro que moitos artigos dos que traducín hai un ano están así de mal... Non sabía se hai algún xeito doado de incorporar os títulos das notas (e aínda non o sei, agora o que fago é editar as referencias sobre a marcha, ou engadilas de novo directamente insertando o hipervínculo).
Hoxe estou a arranxar as notas deste que acabo de publicar, Mito da árbore dos gansos (xa aprendín a usar o marcador "enuso"), que son quilométricas... pero paga a pena para que o artigo garde un rigor, e neste caso ademais para entender o contexto e sexa divertido. Cando o termine xa reviso o de Cartograma.
Moitas grazas polos azos. Saúdos! Gasparoff (conversa) 26 de abril de 2022 ás 19:15 (UTC)[responder]
Eu non sei doutro método nestes casos (falta de campos) que non pase por completalas manualmente. Ao insertalas de novo coida da numeración: se se reutiliza varias veces a mesma fonte ao crear unha nova cita esta terá un novo número e se borras a substituida sen substituila todas as veces que aparecía perdes o apoio do texto que tiñas. Eu inserto de novo en casos contados, normalmente só os artigos con DOI. Ánimo, pouco a pouco todo se acaba facendo. Saúdos! Maria zaos (conversa) 26 de abril de 2022 ás 22:27 (UTC)[responder]
Si, ás veces é moi doado buscar e pór o título, pero cando hai que arranxar varios parámetros ás veces dá máis xeito insertar de novo o enlace (salvo cando son webs tipo Researchgate, que non o fai automático). Xa lle dei unha voltiña ao artigo, quedaron as notas arranxadas, falta traducir a tabela dos algoritmos, a ver se atopo despois un intre. Saúdos! Gasparoff (conversa) 27 de abril de 2022 ás 14:21 (UTC)[responder]

traducións[editar a fonte]

Ola, Gasparoff; por favor, toma as cousas cun pouco máis de calma. Revisa a fondo cada artigo que creas antes de comezar con outro novo. Asegúrate de que o formato se adapte ao Libro de estilo; revisa que as referencias estean ben (no artigo de Condoleezza Rice hai algunha referencia en inglés traducida; as de Nazanin Afshin-Jam non teñen formato...); asegúrate de incluíres o Modelo:Control de autoridades, e revisa as ligazóns internas, porque o asistente de tradución moitas veces deixa mal os enlaces; revisa tamén que non haxa categorías incorrectas. En xeral, agora que xa tes destrezas abondo, anímote a editar en código revisando todos os aspectos, pois é máis operativo para puír os artigos. Un saúdo!! --Estevo(aei)fálame aquí 3 de maio de 2022 ás 06:55 (UTC)[responder]

Boas, agradézoche os apuntamentos. Como verás sempre trato de axustar os artigos ao Libro de estilo, non só nos que fago (maiormente traduzo) senón noutros que amplío ou adapto ao formato, como hai pouco o da Guerra de Restauración Portuguesa, ou o de Eartha Kitt, que levaban bastante tempo sen revisar. En xeral trato sempre de engadir o modelo Control de autoridades, pode que se me pasase algunha páxina como excepción, o mesmo que as categorías; cando engado algunha que non está é porque a deixo indicado para cando se fagan, como ao deixar un vínculo que non existe aínda (descoñezo se iso causa algún problema, pero refírome p. ex. a engadir "Literatura de Venezuela" cando non existe, habendo "Literatura de México", etc.). Ás veces vou traballando en varias páxinas á vez que están relacionadas, e acostumo revisar e corrixir todas as páxinas varias veces uns días despois. Ás veces deixo indicado "en uso", pero retíroo cando creo xa está suficientemente elaborado para que alguén o continúe se quere cambiar algo. De novo, se iso causa algún problema vou deixar os "en uso" durante máis tempo. Saúdos! Gasparoff (conversa) 3 de maio de 2022 ás 07:22 (UTC)[responder]
Boas, xa revisei as referencias no de Condoleezza Rice. Á nota 6ª que tiña o titular en galego estaba así porque a saquei dun extracto do artigo da Wikipedia rusa: a copia arquivada tiña o titular en ruso, deixeino en galego entre corchetes e indicando que o enlace está en inglés, e marquei tamén na páxina de Conversa que hai texto incorporado de inglés (simple) e ruso. Acostumo deixar a referencia de tradución como me indicara @MAGHOI; seguro que hai páxinas que se me pasaron, pero en xeral procuro facelo sempre, e poño o modelo {visitas} noutras páxinas que vexo que non o teñen. En fin, como verás trato de facer exercicios de síntese escollendo partes de varias Wikipedias e contribuír para que fiquen uns artigos máis ou menos dignos. Un saudiño! Gasparoff (conversa) 3 de maio de 2022 ás 08:29 (UTC)[responder]

Convencións e referencias para o título de artigos[editar a fonte]

Ola de novo! Púxenche unha mención noutro artigo xeográfico, pero para que che quede referencia aquí: os títulos na Galipedia seguen unha serie de convencións, baseados na existencia ou non da denominación en galego, esta última sempre baseada en fontes fiables, que se recomendan incluír na introdución do artigo, especialmente cando hai varias opcións. Cando poidas, revisa as seguintes páxinas:

Por favor, teno en conta, porque co volume de traducións que estas a xerar resulta complicado corrixir os títulos que sexan incorrectos e crear as redirección se son necesarias. Graciñas!.--Maria zaos (conversa) 6 de maio de 2022 ás 18:29 (UTC)[responder]

Ola, Gasparoff. Cando teñas un momento poderías revisar esta tradución: Gestalt que fixeches en abril do ano pasado? ten bastantes problemas pendentes de resolver. Graciñas!.-Maria zaos (conversa) 15 de maio de 2022 ás 16:35 (UTC)[responder]

Pois si, está ben confuso... xa me vou pór con el. Un día vou ter que repasar os artigos de hai meses, desde o principio. Gasparoff (conversa) 15 de maio de 2022 ás 17:42 (UTC)[responder]
Graciñas. Poderás encontrar facilmente os artigos dos que falas principalmente dentro destas categorías : Categoría:Wikipedia:Páxinas con traducións non revisadas e Categoría:Wikipedia:Páxinas con referencias sen título . Ánimo e a seguir!.-- Maria zaos (conversa) 15 de maio de 2022 ás 18:00 (UTC)[responder]
Non sabía desas páxinas. Hai varias aí das que traducín hai meses... acabo de arranxar a de Escultura barroca que precisaba unha boa volta (grallas, algún enlace e bibliografía sen título, vínculos de páxinas que hai en galego pero non estaban conectadas porque enlazaba o nome en inglés...). Grazas polas mensaxes, xa vou revisando as listas. Gasparoff (conversa) 16 de maio de 2022 ás 09:58 (UTC)[responder]
Arranxei tamén Fotobioloxía; como é que se retira de Categoría:Wikipedia:Páxinas_con_referencias_sen_título, editando a páxina ou hai que facer algo distinto? Gasparoff (conversa) 16 de maio de 2022 ás 11:02 (UTC)[responder]
Ola, perdoa o retraso na resposta. Por favor, se usas a ferramenta de resposta acórdate de marcar a icona de persoa e buscar o meu nome para que me chegue mención, isa o modelo: ping ou escríbeme na miña páxina, do contrario non me chega aviso.
Esas categorías xéranse automaticamente cun código que identifica os distintos disparadores de erro para cada categoría. E cando estes problemas desaparecen, tamén desaparecen automaticamente da categoría. As persoas que editamos só podemos influír nesa categorización solucionando os problemas de edición dentro do artigo ata que non quede ningún. Dígocho porque xa me ten pasado de traballar para corrixir algún erro concreto e logo de estar convencida de que estaba todo amañado, o artigo seguía nesa categoría. E sempre era que me esquecera algo, o código nunca se equivoca
Recoméndoche, se aínda non o fixeches, mellorar as prestacións do editor activando o botón de purgado, que permite limpar a caché da páxina cun botonciño que che aparece no menú superior dereito da páxina. Para activalo tes que ir a Preferencias> Trebellos>Edición e marcar a casiña de PurgeTab. Logo de gardar verás o botón (no estilo de interface que teño aparece baixo a pestana Máis). Así, antes de dar por finiquitada unha entrada, podes purgar a páxina para ver se dá algunha sorpresiña. (mensaxes de erro en vermello). Se non me expliquei ben ou non che funcionase avísame, por favor. Saudiños! Maria zaos (conversa) 21 de maio de 2022 ás 19:49 (UTC)[responder]

músculo sóleo[editar a fonte]

Boas noites, Gasparoff. Non resulta coherente titular o artigo "Músculo soleo" pero logo que tódalas aparicións da palabra sexan "sóleo", que é a forma que vexo documentada: Vocabulario de medicina [1]. Terás que mover o artigo a sóleo, con til. Un saludo, Pedro --Lameiro (conversa) 21 de maio de 2022 ás 19:03 (UTC)[responder]

Si, é unha gralla, grazas. Gasparoff (conversa) 21 de maio de 2022 ás 19:07 (UTC)[responder]
Xa está movido. Fun comprobar a ver se o puxera ben en Mioloxía, e aí si está ben. Saúdos! Gasparoff (conversa) 21 de maio de 2022 ás 19:10 (UTC)[responder]

Distintivo dos campos de concentración nazis[editar a fonte]

Ola Gasparoff.

Quedouche a medias "Distintivo dos campos de concentración nazis".

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 2 de xuño de 2022 ás 20:21 (UTC)[responder]

Grazas, xa acabo de arranxar as notas e as partes sen traducir, vou agora coas imaxes. Un saúdo. Gasparoff (conversa) 3 de xuño de 2022 ás 11:36 (UTC)[responder]

Arquitectura moderna estadounidense[editar a fonte]

Ola Gasparoff.

Hai algo que non funciona ben en Arquitectura moderna estadounidense#Skidmore, Owings e Merrill e Wallace K. Harrison.

Poderías mandarlle unha revisada?

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 28 de xuño de 2022 ás 10:46 (UTC)[responder]

Si estaba raro ese apartado e o seguinte, non sei como é que estaba o título dentro da galería, xa lle acabo de facer un apaño. Grazas. Agora queda completar, pero se cadra amplío antes o de Arquitectura moderna que é máis xeral e está máis escaso. Saúdos! Gasparoff (conversa) 28 de xuño de 2022 ás 13:02 (UTC)[responder]

Frederick Turner[editar a fonte]

Ola, Gasparoff. Grazas polo morea de artigos que estás a crear. Na galipedia, por convención, cando cómpre, adoitamos colocar as referencias despois do signo de puntuación (punto, coma, punto e coma) e non antes pois, se entende que, a referencia non forma parte da palabra. Por exemplo, como veño de facer en Frederick Turner. Fíxate que ao remata-la frase, colócase o signo de puntuación e despois a referencia. Por suposto, se non hai signo de puntuación, tamén vai pegada á palabra. Un saúdo e a seguir dándolle duro.--MAGHOI (conversa) 14 de xullo de 2022 ás 07:24 (UTC)[responder]

Boas, @MAGHOI! Moitas grazas pola precisión, vira que un bot os cambiara en algures e pensaba que ían antes dos signos... e estaba a fixarme en face-lo sempre dese xeito, disciplinado e con rigor para facelo xusto ao revés :D
Un saúdo e grazas aos que puxestes en marcha a galipedia e coidades este proxecto! Gasparoff (conversa) 14 de xullo de 2022 ás 13:07 (UTC)[responder]

Conversa:Macartismo[editar a fonte]

Ola, Gasparoff. Hai algunha confusión entre Macartismo e Universidade de Sao Paulo, na páxina de https://gl.wikipedia.org/wiki/Conversa:Macartismo. Saúdos. --MAGHOI (conversa) 19 de xullo de 2022 ás 15:11 (UTC)[responder]

Si, foi só que usara o c&p da conversa da Universidade e esquecera borrar o nome; o número e a data estaban ben. Arranxado, grazas! Gasparoff (conversa) 19 de xullo de 2022 ás 15:16 (UTC)[responder]

Movo páxina[editar a fonte]

Ola, Gasparoff. Movín o teu artigo "Dóricos" a Dorios, porque nas referencias indicadas do buscatermos non hai moita información. Mirei no Diccionario da Academia, e aparece "Dorio,a" como persoa, habitante, orixinario de... En troques, "dórico" tan só aparece como adxectivo de dorio ("columna dórica") pero non como pertencente a ese pobo nin orixinario dunha zona. Dóricos, queda iso si, como redirección. Un saúdo e a seguir.--MAGHOI (conversa) 31 de agosto de 2022 ás 18:36 (UTC)[responder]

Ben movido está. Grazas! Gasparoff (conversa) 1 de setembro de 2022 ás 11:32 (UTC)[responder]

Claude Mellan[editar a fonte]

Ola, Gasparoff. Por favor, bótalle un ollo ao artigo Claude Mellan. Non se entende boa parte da redacción. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 13 de novembro de 2022 ás 12:11 (UTC)[responder]

Feito. Grazas por avisar. Un saúdo. Gasparoff (conversa) 13 de novembro de 2022 ás 13:05 (UTC)[responder]

maiúsculas[editar a fonte]

Ola, Gasparoff; en maiúscula vai o nome dunha titulación (grao de Dereito, mestrado de Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental), pero o nome das materias vai en minúscula (no primeiro curso do grao de Filoloxía Galega a materia de sintaxe impártea Fulanito Martínez). Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 12 de decembro de 2022 ás 07:58 (UTC)[responder]

Ben, pois entón de acordo; Pensei que as dúas podían ser válidas xa que o artigo fai referencia a ambas cousas, pero se o uso das maiúsculas está restrinxido só a temas concretos (dun centro, ou o que sexa), paréceme ben que fique así. Gasparoff (conversa) 12 de decembro de 2022 ás 09:10 (UTC)[responder]

Dinastia filipina[editar a fonte]

Boas, o artigo Dinastia filipina, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, MAGHOI (conversa) 25 de decembro de 2022 ás 20:52 (UTC)[responder]

Vou pórme con el. É un tanto confuso que case coincida con "Dinastía Filipina" (engadín a versión con maiúscula tamén, que é a que aparece na infocaixa da Hª de Portugal), pero é interesante que funcionen os enlaces aos artigos diferentes (en inglés por exemplo un deles é dedicado á dinastia en si, e o outro á Unión Ibérica).
Saúdos e boas festas! Gasparoff (conversa) 25 de decembro de 2022 ás 20:57 (UTC)[responder]

Hipocampo (anatomía)[editar a fonte]

Ola compañeiro.

Un repasiño a "Hipocampo (anatomía)"?

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 2 de xaneiro de 2023 ás 19:08 (UTC)[responder]

Facer tamén as redireccións[editar a fonte]

Ola Gasparoff.

Cando inicies un artigo, cun título determinado, quizais haxa que preguntarse se ese artigo podería ter outros títulos distintos. Póñoche un exemplo: o artigo "Inez Haynes Irwin". No propio texto dicimos "Moitas das súas obras publicáronse co seu antigo nome Inez Haynes Gillmore", por tanto debe facerse, tamén, a redirección desde "Inez Haynes Gillmore". En caso contrario podería chegar a darse a indesexable situación de que outros artigos, existentes ou futuros, liguen con Inez Haynes Gillmore e as ligazóns aparezan en vermello, cando realmente dispoñemos do artigo. Tamén podería suceder que alguén picara nesa ligazón vermella e iniciara un artigo novo, co resultado de que teriamos un artigo duplicado.

Con Haynes talvez abonde cunha redirección, noutros casos poden precisarse moitas: p. ex. encollendo ou estendendo máis ou menos o nome, segundo sexan nomes máis ou menos compostos (incluso incluíndo nomes con abreviaturas), redireccións dende as formas galeguizadas ou as de nacemento, con preposicións, sen proposicións... p. ex. Rosalía Castro de Murguía, Rosalía Castro, Rosalía C. de Murguía, Rousalía Castro, Rousalía Castro de Murguía, María Rosalía Rita de Castro, Rosalía de Castro Abadía, Rosalía de Castro Abadía de Murguía, María Rosalía Rita Expósito… Unha boa forma de atopar diferentes formas dun nome, para un persoeiro determinado, é consultar as páxinas das autoridades ligadas no cadro de control que aparece ao final da páxina (VIAF. GND, ISNI…)

Tes máis información sobre este tema na política oficial "Wikipedia:Redireccións" e na páxina Axuda:Como redireccionar unha páxina.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 28 de xaneiro de 2023 ás 14:48 (UTC)[responder]

Xa o acostumo a facer, pero ás veces pásaseme pór o nome menos habitual como primeiro título, e despois non podo facer a redirección á máis habitual. Acaba de pasarme en Terravision, que taméns e chamou T-Vision, pero con menos frecuencia, e agora ao querer redireccionar a Terravision aparece a mensaxe «Non se puido mover a páxina polo seguinte motivo:
Xa existe unha redirección en "Terravision" e non se pode borrar automaticamente. Escolla outro nome.»
Grazas polo aviso. Un saúdo. Gasparoff (conversa) 28 de xaneiro de 2023 ás 15:22 (UTC)[responder]
Cando sexa así, tes que pedir axuda en: Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Problemas varios. --. HombreDHojalata.conversa 28 de xaneiro de 2023 ás 19:39 (UTC)Un saúdo.[responder]
Grazas! Gasparoff (conversa) 28 de xaneiro de 2023 ás 19:49 (UTC)[responder]

Villarino de los Aires[editar a fonte]

Ola! Como se explica en Wikipedia:Toponimia, se non existe algunha fonte en lingua galega para un topónimo de fóra de Galicia empregarase o nome oficial do territorio. Un BOE non é unha fonte en lingua galega. E por favor, ao traducires contido, procura corrixir as eivas que teñen os artigos orixinais, dándolle o formato ás referencias e colocando as categorías apropiadas. Ademais, é importante incluír o marcador {{control de autoridades}} e mais o de {{ORDENAR:}} cando é preciso. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 3 de febreiro de 2023 ás 07:57 (UTC)[responder]

Na primeira fonte, ademais de "Vilarinho" en portugués, está mencionado literalmente como "Vilariño de Aires", no segundo enlace, un BOE en época franquista, tamén "Vilariño de Aires". Se non fose unha variante do topónimo habitual nese tempo, non se tería recollido así en 1944; no de que sexa "en galego" ou nunha mestura de asturleonés con portugués, ou eonaviego ou o que queiras, eu non entrei. Non me parece razoable que o exclúas, pero eu xa desisto. O marcador o marcador sempre miro de incluílo. Ao traducir contido procuro corrixir as eivas dos orixinais e escoller os artigos para que quede o que eu considero interesante e axeitado; como é un traballo colaborativo corrixe ti as eivas que vexas ti. Gasparoff (conversa) 3 de febreiro de 2023 ás 08:58 (UTC)[responder]
  • «O marcador 'control de autoridades' sempre miro de incluílo», queria pór, que ao ir entre chaves non saíu.
Gasparoff (conversa) 3 de febreiro de 2023 ás 14:25 (UTC)[responder]

Consecuencias de "mover"[editar a fonte]

Ola Gasparoff.

Moviches "Axóuxere" a "Axóuxere (obxecto)". Daquela deberías amañar todas estas páxinas.

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 13 de febreiro de 2023 ás 21:37 (UTC)[responder]

E non hai un xeito doado de facelo? Gasparoff (conversa) 13 de febreiro de 2023 ás 22:46 (UTC)[responder]
@Gasparoff:, se non empregas o Modelo:Resposta a ou o atallo {{@|(nome de usuario)}}, non lle chega notificación á persoa a quen respondes, neste caso a @HombreDHojalata:. Respecto á túa pregunta: hai que facer os cambios un a un, agás que teñas un bot que corrixa as redireccións. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 13 de febreiro de 2023 ás 23:39 (UTC)[responder]
Grazas @Estevoaei, pensaba que ao responder directamente saía que a mensaxe tiña resposta. E como se pode facer un bot para isto? Gasparoff (conversa) 13 de febreiro de 2023 ás 23:51 (UTC)[responder]
As instrucións para crealo están no link que che puxen, Wikipedia:Bots, mais non teño a menor idea sobre como programalos, polo que non podo resultar de axuda :/ --Estevo(aei)fálame aquí 13 de febreiro de 2023 ás 23:59 (UTC)[responder]
@Estevoaei, grazas. Vou botar un ollo. Gasparoff (conversa) 14 de febreiro de 2023 ás 08:58 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Para tan pouca cousa non te paga a pena meterte na lea de botar a andar un bot. De todas formas había que comprobar páxina por páxina, para escoller o significado acaído e o bot non te ía quitar moito traballo. --. HombreDHojalata.conversa 14 de febreiro de 2023 ás 18:53 (UTC)[responder]

Grazas @HombreDHojalata ! Gasparoff (conversa) 14 de febreiro de 2023 ás 22:14 (UTC)[responder]

Tema primario[editar a fonte]

Ola Gasparoff.

Cando haxa un caso de homónimos, antes de cambiar nada de título (mover), ten en consideración, por favor, o que di a política oficial "Wikipedia:Homónimos", e en especial o referente ao "Tema primario".

Cando hai un "tema primario" non hai que movelo a "Título (aclaración)". O "tema primario" queda co "Título" e faise unha páxina nova "Título (homónimos)" para discernir os homónimos.

Por outra banda, se finalmente moves unha páxina de título, lembra, por favor, repasar as ligazóns nas páxinas que ligaban con ela.

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 20 de febreiro de 2023 ás 16:48 (UTC)[responder]

Boas,
Penso que desde Axóuxere non cambiei ningunha máis. Publiquei as de Francis Vigo e Vigo, Kent, e engadinas á que xa existía de Vigo (homónimos). Fixen a páxina de Homo sapiens sapiens (con páxina de seu noutras linguas na Wikipedia), e, como puxen no resumo de edición, desfixen a redirección porque resultaba nunha contradición cos propios artigos de Homo sapiens (que redirixe a Ser humano, aínda que esa lea é algo máis complexa de desfacer) e principalmente con Humanos anatomicamente modernos, xa que este inclúe non só aos actuais Homo sapiens sapiens, senón a outros como os desaparecidos Homo sapiens idaltu.
Grazas polo consello. Saúdos! Gasparoff (conversa) 20 de febreiro de 2023 ás 17:34 (UTC)[responder]
Gasparoff (conversa) 20 de febreiro de 2023 ás 17:36 (UTC)[responder]
Dicíacho por "FIDE" e por outra que vin o outro día (xa non lembro cal ela). Recorda, tamén, que non se deben traducir os títulos dos libros en inglés ao galego (se non hai versión en galego) y, dende logo, non se deben traducir os apelidos dos autores ao galego: exemplo: The colonial history of Vincennes, under the French, British, and American governments (o autor non se chama "Dereito, xuíz"). --. HombreDHojalata.conversa 20 de febreiro de 2023 ás 18:35 (UTC)[responder]
En algún caso, na bibliografía, pode que se me pase algún apelido traducido, pero acostumo a repasar bastante os textos, incluídos os títulos de filmes, libros etc. antes de publicar nada. Nesta que traducín hoxe 1989 no cine cambiei os títulos da tradución automática, ou os que había en versión portuguesa, polos orixinais, e engadín entre parénteses as traducións que fixo a TVG. Grazas de novo polo aviso. Saúdos @HombreDHojalata. Gasparoff (conversa) 20 de febreiro de 2023 ás 19:14 (UTC)[responder]

Ola Gaspa.

Un repasiño a "Oxalis"?

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 24 de febreiro de 2023 ás 22:01 (UTC)[responder]

Boas, agora faltan cousas como a infocaixa etc. pero repasiño feito. Saúdos! Gasparoff (conversa) 25 de febreiro de 2023 ás 16:06 (UTC)[responder]

Por favor, revisa o formato das citas no artigo que creaches: Shap Stone Avenue. Grazas Maria zaos (conversa) 2 de maio de 2023 ás 14:49 (UTC)[responder]

Feito en parte, despois revísoa. Grazas! Gasparoff (conversa) 2 de maio de 2023 ás 15:13 (UTC)[responder]

Forma (arte)[editar a fonte]

Ola Gasparoff.

Poderías darlle algo de forma a "Forma (arte)"?

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 19 de maio de 2023 ás 11:12 (UTC)[responder]

Podo, o que pasa é que, como no caso de Os renovadores, é un deses artigos que non encontraba noutras linguas para traducir (neste caso existe, pero ningún está moi completo), e lévame tempo organizar os conceptos. Vou buscar un tempo para poñelo ao día. Grazas polo aviso, un saúdo! Gasparoff (conversa) 19 de maio de 2023 ás 11:40 (UTC)[responder]

You have been a medical translators within Wikipedia. We have recently relaunched our efforts and invite you to join the new process. Let me know if you have questions. Best Doc James (talk · contribs · email) 12:34, 2 August 2023 (UTC)

Masacre de Badaxoz[editar a fonte]

Ola Gasparoff.

Poderías completar a tradución de "Masacre de Badaxoz"? Falta a bibliografía mencionada nas notas.

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 13 de agosto de 2023 ás 08:48 (UTC)[responder]

Feito! Grazas @HombreDHojalata Gasparoff (conversa) 13 de agosto de 2023 ás 13:02 (UTC)[responder]
Graciñas, pero segue a faltar algunha cousa (p. ex. Brenan, 2019, p. 433.) --. HombreDHojalata.conversa 14 de agosto de 2023 ás 09:23 (UTC)[responder]
Mudado. Parece que esa referencia tampouco estaba na páxina en castelán, non? Mira a ver se falta outra cousa... Borraches en "Véxase tamén" o enlace da masacre da estrada Málaga-Almería? Gasparoff (conversa) 14 de agosto de 2023 ás 21:50 (UTC)[responder]

Golf Halt[editar a fonte]

Ola!

No artigo Golf Halt puxeches unha nota a pé que é unha chamada á bibliografía, pero non incluíches a bibliografía. Podes solucionalo, por favor? Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 1 de setembro de 2023 ás 08:23 (UTC)[responder]

@Estevoaei: feito, saúdos! Gasparoff (conversa) 1 de setembro de 2023 ás 08:32 (UTC)[responder]

redireccións[editar a fonte]

Ola, Gasparoff; por favor, evita as redireccións duplicadas. En vez de facer que patrón moiré leve a efecto moiré, este a patróns moiré, este a moiré e finalmente este a patróns de moiré, cada unha desas redireccións debe redirixir directamente ao artigo. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 4 de setembro de 2023 ás 12:46 (UTC)[responder]

Si, xa me decatei ao facelo (saíume unha mensaxe), pero non o sei desfacer. Grazas polo aviso. Gasparoff (conversa) 4 de setembro de 2023 ás 13:04 (UTC)[responder]
En cada unha das redireccións duplas dálle a "editar a fonte" e corrixe o texto da ligazón interna, poñendo (neste caso) "#REDIRECCIÓN[[Patróns de moiré]]", como pon agora en Moiré. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 4 de setembro de 2023 ás 13:41 (UTC)[responder]
Feito. Grazas! Gasparoff (conversa) 4 de setembro de 2023 ás 13:44 (UTC)[responder]

Expo 1998[editar a fonte]

Ola Gaspa.

Poderías repasar "Expo 1998"?

Quedáronche atrás algúns países.

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 6 de setembro de 2023 ás 08:04 (UTC)[responder]

Quedaron, si, oito máis ou menos, se foron 146 Estados-nación (ademais ese termo é útil para o Reino Unido ou a Federación de Iugoslavia, pero non para Palestina, que tamén participou con delegación distinta á de Israel). Estes días busco un oco e xa o corrixo. Saúdos! Gasparoff (conversa) 7 de setembro de 2023 ás 00:04 (UTC)[responder]

"Localização de Cochim na Índia"[editar a fonte]

Ola Gaspa.

Poderías revisar a "Localização de Cochim na Índia"? Amosa unha localización incorrecta no mapa.

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 12 de setembro de 2023 ás 15:31 (UTC)[responder]

Certo, púxeno na conversa e xa o resolveu @MAGHOI. Saúdos! Gasparoff (conversa) 12 de setembro de 2023 ás 22:11 (UTC)[responder]

Velocidade[editar a fonte]

Ola Gaspa.

Vas moi lixeiro, non?

Non era mellor ir máis amodo e repasar mellor os artigos?

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 16 de setembro de 2023 ás 09:07 (UTC)[responder]

Ola Hombre.
Cada un é como é, e ti tamén es como es. Podes ir ao teu ritmo e repasares ti, e cambiar o que consideres xa que os artigos non son "meus" ou "teus", senón que se supón que é algo colaborativo. Non?
Se ti fas algo que outra xente considere errado, xa cho mudarán cando o detecten.
Xusto agora tiña dous avisos de mensaxes, un dun membro moi activo da Galipedia agradecéndome que crease a páxina de Horace Greeley, e outro o teu, dicíndome que vaia máis amodo...
Pois nada, un saúdo e a seguir. Gasparoff (conversa) 16 de setembro de 2023 ás 11:23 (UTC)[responder]

Outras ligazóns internas en páxinas de homónimos[editar a fonte]

Ola Gaspa.

Porfa, bótalle un ollo ao dito en Conversa:Ana Ortiz.

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 26 de setembro de 2023 ás 10:10 (UTC)[responder]

Ola @HombreDHojalata, ola @MAGHOI,
Non sabía dese estándar... Entón hai que cambiar moitas páxinas, aínda onte eu fixen esta: https://gl.wikipedia.org/wiki/Ciclo ; Aí puxen en letra grosa os termos que contiñan "ciclo", máis os sinónimos etimolóxicos "roda" e "círculo", e fixen ligazóns internas aos termos chave para explicar a desambiguación ("formación profesional" para os "ciclos educativos", "rei Artur" para "ciclo artúrico" etc.) Gasparoff (conversa) 26 de setembro de 2023 ás 15:27 (UTC)[responder]

Falta a bibliografía mencionada nas notas[editar a fonte]

Ola Gaspa.

Podes solucionar o problema en "Racionalismo arquitectónico"?

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 31 de decembro de 2023 ás 15:58 (UTC)[responder]

Boas @HombreDHojalata ,
a bibliografía é fácil de solucionar, o outro é máis traballo de reloxería de precisión, e a estas horas estou coa brocha gorda (a de cociñar ;).
A lea vén de que racionalismo/racionalism, modernismo/modernism e internationalism/estilo internacional non sempre se corresponde coa literalidade dos termos e o seu uso por linguas, países e rexións. Podería haber un só artigo, pero en varias linguas hai dous diferentes porque tén matices distintos. Antes de que os ampliase eu, os artigos estaban así: Estilo Internacional (arquitectura) e Racionalismo arquitectónico
Para o ano que vén xa me porei con eles. Saúdos e boas festas! Gasparoff (conversa) 31 de decembro de 2023 ás 19:52 (UTC)[responder]
Boas @HombreDHojalata ,

O artigo de Racionalismo arquitectónico estaba así antes de que eu o editase: Racionalismo arquitectónico , que non puxera ben o enlace. O da bibliografía xa está actualizado, o da diferenciación dos artigos pode levar máis tempo, polo que dixen na outra mensaxe.

Boas festas e feliz entrada en 2024! Gasparoff (conversa) 3 de xaneiro de 2024 ás 12:42 (UTC)[responder]

Cambios nos nomes das páxinas[editar a fonte]

Boas Gasparoff. Teño unha dúbida que me xurdiu de verte mover as páxinas de título para volvelas a poñer como estaban. Por que o fas? É para crear redireccións? E que me parece raro este tipo de cousas habendo unha maneira moito máis sinxela (poñendo #REDIRECCIÓN e o título entre caixas). Dígocho tamén porque movendo páxinas créanse redireccións de conversas que son inútiles. Os cambios de títulos dos artigos deberíanse facer para mantelos na nova forma, e de ser preciso, consensuado coa comunidade. Pregaríache que non sigas movendo páxinas á lixeira. Se estou enganadl

do e é por outro motimo faino saber. Grazas e a seSaúdos uir. Breogan2008 (conversa) 10 de xaneiro de 2024 ás 18:44 (UTC)[responder]

Boas. É polo motivo que intuías, e obviamente non "á lixeira" senón por ignorar que había outro xeito máis fácil. Saúdos. Gasparoff (conversa) 10 de xaneiro de 2024 ás 18:55 (UTC)[responder]

Gaspa, sobre este tema, tes info en: "Wikipedia:Redireccións" e en: "Axuda:Como redireccionar unha páxina". --. HombreDHojalata.conversa 11 de xaneiro de 2024 ás 08:14 (UTC)[responder]

Grazas HombreDHojalata. Gasparoff (conversa) 11 de xaneiro de 2024 ás 08:43 (UTC)[responder]

Thank you for being a medical contributors![editar a fonte]

The 2023 Cure Award
In 2023 you were one of the top medical editors in your language. Thank you from Wiki Project Med for helping bring free, complete, accurate, up-to-date health information to the public. We really appreciate you and the vital work you do!

Wiki Project Med Foundation is a thematic organization whose mission is to improve our health content. Consider joining for 2024, there are no associated costs.

Additionally one of our primary efforts revolves around translation of health content. We invite you to try our new workflow if you have not already. Our dashboard automatically collects statistics of your efforts and we are working on tools to automatically improve formating.

Thanks again :-) -- Doc James along with the rest of the team at Wiki Project Med Foundation 3 de febreiro de 2024 ás 22:24 (UTC)[responder]

Estrutura dos artigos[editar a fonte]

Ola Gaspa.

Poderías, porfa, cinguirte ao libro de estilo: Wikipedia:Libro de estilo#Notas e Véxase tamén.

    == Véxase tamén ==

    === Bibliografía ===

    === Outros artigos ===

    === Ligazóns externas ===

Na Wikipedia en galego as cabeceiras levan ese nivel e esa orde.

Moitas grazas. Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 26 de marzo de 2024 ás 22:05 (UTC)[responder]

Grazas polo apunte @HombreDHojalata. Saúdos! Gasparoff (conversa) 26 de marzo de 2024 ás 22:25 (UTC)[responder]