Conversa:Ramón Cabanillas
Este artigo é de interese do wikiproxecto "Protagonista do Día das Letras Galegas". |
Detalles das contribucións e análise de visitas á páxina. |
Etapas[editar a fonte]
Boas. Preguntábame se podería engadir as etapas de Ramón Cabanillas, clasificando as súas obras nesas etapas, mais aínda non sei moi ben onde as metería. Ao mellor creando un novo apartado...?--Jackirtash 06:45, 10 decembro 2009 (UTC)
- Pois adiante. Podes metelas no apartado Obras ou se che parece mellor crear unha sección específica para as Etapas da súa obra. Se precisas axuda, aqui estamos. Saúdos e ánimos para colaborar na Galipedia.--Xas (fálame) 11:05, 10 decembro 2009 (UTC)
- Si, a verdade algo do estilo ===Etapas da súa obra===, dentro do apartado Obra estaría ben, e deixa-lo listado tal e como aparece agora para o final. Ti sé valente e edita o artigo, seguro que queda ben. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 14:42, 10 decembro 2009 (UTC)
Creo que xa está, aínda que un pouco incompleto. Se tedes algunha información, completádeo, por favor. Saúdos--Jackirtash 15:10, 10 decembro 2009 (UTC) Quedoume unha dúbida: en canto as referencias bibliográficas sobre a información añadida, non a tomei de ningún libro nin páxina web nin calquera dos outros casos: ao estar estudando 2º de Bacharelato, é parte da materia do meu exame e son apuntamentos non recollidos no libro de texto que fago neses casos?--Jackirtash 16:24, 10 decembro 2009 (UTC)
Subseccións[editar a fonte]
Desde a miña completa ignorancia poética, entendo que a poesía de Cabanillas se divide en lírica, modernista e narrativa. De ser así, quedaría mellor abrindo tres subseccións. Tal como está agora hai un problema de numeración e estrutura. Pedro --Lameiro (conversa) 18:46, 22 de decembro de 2010 (UTC)
- Feito! Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:48, 22 de decembro de 2010 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]
Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Ramón Cabanillas. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20060302033258/http://www.realacademiagalega.org/PlainRAG/catalog/publications/files/Fernandez%20Rei.pdf á ligazón http://www.realacademiagalega.org/PlainRAG/catalog/publications/files/Fernandez%20Rei.pdf
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 2 de setembro de 2018 ás 13:41 (UTC)