Casa Pereira de Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casa de Pereira de Castro
Edificio
LocalizaciónVigo, Galiza
Coordenadas42°14′20″N 8°43′35″O / 42.238779, -8.726251Coordenadas: 42°14′20″N 8°43′35″O / 42.238779, -8.726251
Construción
Inicioséculo XVIII
editar datos en Wikidata ]

A Casa de Pereira de Castro é un edificio situado na Praza da Constitución, na Cidade Vella de Vigo. Monumento Histórico-Artístico dende 1946, é un dos poucos exemplos de barroco civil que existen na vila.

Historia[editar | editar a fonte]

O edificio ergueuse no século XVIII en estilo barroco, e promovido por varias familias do Vigo do momento.

Trátase dun edificio que interpreta o barroco de xeito peculiar, mesturando a cantaría de perpiaño granítico con cachotaría revocada en branco, que serve para salientar os elementos senlleiros da edificación (encontros, linteis, xambas). Conta con dúas fachadas enmarcadas por pilastras angulares, que sosteñen un falso entaboamento de molduras de cantaría, sobre a que se sitúa a cornixa ricamente moldurada. A fachada da rúa do Triunfo é austera, contando só cos escudos de varias das familias promotoras da obra. A fachada da Praza da Constitución é a que concentra o maior programa decorativo, con frontóns de arcos mixilíneos nos vans das fiestras, e decoración de placas, típicas do barroco galego, baixo os balcóns.[1]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Garrido Rodríguez, Xaime, 2000: A Arquitectura da Pedra en Vigo, Vigo, Construcciones Conde, p. 150.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]