Banda de música de Mato
Anos de actividade | 1904-1953 |
---|---|
Enderezo | Cercio, Lalín |
Fundador | Avelino Mato |
A Banda de música de Mato foi unha agrupación musical residente no lugar de Mato, na parroquia lalinense de Cercio.
Historia[editar | editar a fonte]
Foi fundada no ano 1904 por Avelino Mato. Entre os seus directores destacan Contiña ou Grandón. Tamén estivo á fronte da banda José Fernández García, coñecido como José de Mato, que máis tarde dirixiría a refundada banda de Silleda.
Esta agrupación foi coñecida por diversos nomes: Val de Mato, Mato de Val, Cercio ou Palio, denominación que adquiriu na década de 1950 por proceder desta parroquia os seus compoñentes. Desapareceu no ano 1953.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Alvarellos Iglesias, Enrique (1986). Bandas de música de Galicia. Lugo: Alvarellos.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Unha terra de bandas (III), Faro de Vigo.