Banda de música de Bermés
Anos de actividade | 1925-1973 |
---|---|
Enderezo | Bermés, Lalín |
Fundador | Manuel Moure |
A Banda de música de Bermés foi unha agrupación musical fundada na parroquia de Bermés, no concello pontevedrés de Lalín.
Historia[editar | editar a fonte]
O trombón da Banda Municipal de Santiago Manuel Moure fundou esta banda en 1925, sendo unha ducia de membros. Durante a Segunda República Española, foi coñecida como a banda republicana, por levar unha gorra rodeada coa bandeira da República. En 1941 agregouse a esta a banda de Mato, con José Fernández García, que despois dirixiría a de Silleda, á fronte. En 1958, toma o mando Andrés Fiúza e, tras el, Grande de Chantada, Manoliño de Santiago e Secundino Pedreira Prado, despois director de Moimenta. No seu momento tamén levou o nome de banda de Mato, a pesar de que a maioría dos membros eran de Bermés. Foi entón cando un grupo se foi e seguiron tocando baixo o nome de banda de Palio. O final da banda sería en 1973.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Alvarellos Iglesias, Enrique (1986). Bandas de música de Galicia. Lugo: Alvarellos.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Unha terra de bandas (III), Faro de Vigo.