Portal:Tampere

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
[[Ficheiro:|1100px]]

Tampere (en sueco Tammerfors) é unha cidade de Finlandia, capital da rexión de Pirkanmaa (provincia de Finlandia Oriental). Segundo o censo do 31 de xaneiro de 2012 ten unha poboación de 215.315 hatibantes. A cidade está situada ao sur do país, entre os lagos Näsijärvi e Pyhäjärvi. É a terceira cidade máis poboada de Finlandia por detrás de Helsinqui e Espoo.

Tampere está situada entre dous lagos, o Näsijärvi e o Pyhäjärvi. Como entre ambos lagos hai un desnivel de 18 metros, os rápidos que os comunican, Tammerkoski, teñen sido unha importante fonte de enerxía ao longo da historia da cidade, máis recentemente xerando electricidade. Tampere é alcumada a "Manchester de Finlandia" polo seu pasado industrial como antigo centro da industria finlandesa.

Orixinalmente fundada como mercado á beira da canle Tammerkoski en 1775 por Gustavo III de Suecia, catro anos despois, o 1 de outubro de 1779, concedéronselle dereitos de cidade.

Artigo destacado

editar

O tranvía de Tampere (en finés Tampereen raitiotie), coñecido popularmente como Tampereen ratikka, é a rede de tranvías que percorre a cidade de Tampere, Finlandia.

En novembro de 2016 o goberno municipal tomou a decisión de dotar á cidade dun tranvía, sinalando que as obras comezarían na primavera do ano seguinte. En marzo de 2017 comezaron as obras do primeiro tramo, Pyynikintori-Hospital Universitario-Hervanta. O 9 de agosto de 2021 inauguráronse oficialmente as dúas primeiras liñas, cos números 1 e 3.

Lugar de interese

editar

A igrexa vella de Messukylä (en finés Messukylän vanha kirkko) é un templo evanxélico luterano da cidade de Tampere, Finlandia. Está situada no distrito de Messukylä, ao leste do centro da cidade. Construído na súa meirante parte no século XVI, trátase do edificio máis antigo de Tampere.

Se ben os estudos revelan que a igrexa actual foi construída en torno aos anos 1510 e 1530, as imaxes de santos de madeira conservadas no seu interior datan dos anos 1430 e 1440, polo que se pensa que no mesmo lugar puido existir unha igrexa de madeira case cen anos antes da construción da igrexa de pedra.

Dende a súa construción a igrexa foi obxecto de numerosas modificacións, como a elevación dos seus muros. Antigamente contaba con murais no seu interior que foron cubertos con cal, polo que tan só uns poucos restos restaurados na década de 1950 son visibles na actualidade. Foi neste momento cando se descubriu o auténtico valor da igrexa, que fora abandonada e empregada como corte.

Categorías
Biografía destacada

editar

Olivia Mathilda "Wivi" Lönn, nada en Tampere o 29 de maio de 1872 e finada en Helsinqui o 27 de decembro de 1966, foi unha arquitecta finlandesa, e a primeira do país en crear o seu propio estudio. Wivi Lönn estudou arquitectura na Universidade Politécnica de Helsinqui, graduándose en 1896. Os edificios máis destacados da carreira de Lönn foron construídos a principios do século XX. A súa etapa máis activa durou pouco máis de 15 anos, e xa a principios da década de 1930 practicamente se retirara da arquitectura en activo.

A parte central da produción de Lönn encóntrase nas cidades de Tampere e Jyväskylä. En Tampere localízanse, entre outras, a Escola Finlandesa Feminina e a Estación Central de Bombeiros. Xunto con Armas Lindgren deseñou, entre outras, a Nova Casa dos Estudantes en Helsinqui, e o Teatro Estonia en Talín. Lönn deseñou máis de 30 escolas, aínda que non todas se realizaron. Ademais das escolas deseñou varios edificios industriais, entre outros, para as fábricas de Parviainen. Considérase que os puntos fortes da obra de Lönn son a hábil distribución e o uso económico do espazo, mais arquitectonicamente non se desviou da realmente do estilo da súa época.

Imaxe destacada

editar

Pasarela de madeira provisional sobre o Tammerkoski.
Vexa o artigo pontella.


Sabías que...?

editar

Centro Museístico Vapriikki.

  • ... o Centro Museístico Vapriikki (na imaxe), con sede na antiga fábrica de Tampella, foi elixido como o "Museo do Século" na Gala de Cultura do Século o 18 de outubro de 2017, que foi parte do programa do centenario de Finlandia.?
  • ... a empresa Nokia foi fundada en Tampere en 1865 como planta de celulosa por Fredrik Idestam?
  • ... a Tampere Filharmonia foi denominada Tampereen kaupunginorkesteri (en galego Orquestra Cidade de Tampere) dende a súa fundación en 1930 ata 2002?


Artigos de calidade e bos

editar

Artigos de calidade (2)

Artigos bos (0)

Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons