Portal:Grecia antiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Chámase Grecia antiga ao período da historia de Grecia que durou uns mil anos e rematou coa chegada do cristianismo. Considérase como o alicerce da civilización occidental. A cultura grega exerceu unha poderosa influencia sobre o Imperio Romano, que levou consigo unha versión propia a moitas partes de Europa.

A civilización dos antigos gregos tivo unha influencia enorme sobre a lingua, política, sistemas educativos, filosofía, ciencia e as artes, dando lugar ao Renacemento da Europa Occidental e rexurdiu de novo durante varios movementos "neoclásicos" durante os séculos VIII e XIX en Europa e en América.

Grecia antiga é o termo utilizado para describir os territorios de lingua grega na antigüidade clásica. Refírese non só á península xeográfica da Grecia actual senón tamén ás culturas helénicas ocupadas polos gregos desde antigo: Chipre e as Illas Exeas, o mar Exeo, a costa da Anatolia (coñecida por eles como Xonia), Sicilia e o sur de Italia (coñecidas como Magna Grecia) e as colonias gregas dispersas polas costas da Cólquida, Iliria, Tracia, Exipto, Cirenaica, o sur da Galia, o leste e nordeste da Península Ibérica e a Táurica.

Artigo destacado

editar

Lar de bronce do século I.
O oráculo de Delfos, no Santuario de Delfos, foi un lugar de consulta aos deuses, no templo sacro dedicado principalmente ao deus Apolo.

Situado en Grecia, na actual vila de Delfos, ao pé do monte Parnaso.

Das rocas da montaña brotan varios mananciais que forman distintas fontes. Unha das fontes máis coñecidas é a fonte Castalia, rodeada dun bosque de loureiros consagrados a Apolo.

A lenda e a mitoloxía contan que no monte Parnaso ao carón dunha fonte reuníanse algunhas divindades deusas menores do canto, chamadas musas, xunto coas ninfas das fontes, chamadas náyades. Nestas reunións Apolo tocaba a lira e as divindades cantaban.

Imaxe destacada
Artigos de calidade e bos

editar

Artigos de calidade (0)

Artigos bos (0)

Categorías
Biografía destacada

editar

Homero (en grego antigo Ὅμηρος Hómēros; c. século VIII a. C.), é o suposto autor das obras literarias máis antigas coñecidas en Europa, os poemas orais épicos a Ilíada e a Odisea. Considerado o pai da cultura grega, foi o primeiro gran poeta grego que consagrou o xénero, ademais consérvanse del a épica menor cómica Batrachomyomachia (literalmente:"A batalla das ras e dos ratos») e os corpus dos himnos homéricos.

É difícil establecer con certeza se Homero foi un individuo histórico ou unha identidade construída, e se é o autor das dúas célebres epopeas que son os alicerces da literatura occidental. Todo isto é o tratado na cuestión homérica. Malia isto, numerosas vilas xónicas (Quíos, Esmirna, Cime ou mesmo Colofón) dispútanse a orixe do aedo. Por outra banda, a tradición individualízao ó atribuírlle que era cego.

Sabías que...?
Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons