Castro de Untia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°16′53″N 8°12′39″O / 43.28142, -8.21081

Castro de Untia
ParroquiaBetanzos
ConcelloBetanzos
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGaliza
Id. catálogo?
Cronoloxía
Datas de ocupación?
Períodos de escavaciónnon escavado
Estado actualdestruído
Véxase tamén
Castros de Galiza

O castro de Untia é un poboado castrexo sobre o cal se asenta a actual cidade de Betanzos.

Historia[editar | editar a fonte]

A actual cidade de Betanzos asenta sobre o castro situado no outeiro entre os ríos Mandeo e Mendo, ao fondo da ría de Betanzos. O trazado das sucesivas edificacións e rúas ao longo do tempo mantivo a estrutura ovalada e o escalonamento imposto pola orografía do monte. A croa do castro estaría na zona máis alta do monte, sendo a actual praza da Constitución.

O rei Afonso IX nun documento datado en Valencia de Don Juan o 13 de febreiro de 1219 traslada a vila de Betanzos ao castro de Untia (Castrum de Vnctia) a petición dos habitantes. O castro era entón propiedade do mosteiro de Sobrado[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La Segunda Fundación de Betanzos", artigo de José Raimundo Núñez-Varela y Lendoiro, cronista oficial de Betanzos, en Cronistas de Betanzos, agosto de 2012 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]