Castro de Nogueirosa
Coordenadas: 43°24′30″N 8°08′50″O / 43.408364, -8.147357
Castro de Nogueirosa | |
---|---|
Parroquia | Nogueirosa |
Concello | Pontedeume |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA15069001 |
Cronoloxía | |
Datas de ocupación | - |
Data da descuberta | - |
Estado actual | abandono |
Extensión estimada | 1,1 ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
O Castro de Nogueirosa, Couto de Nogueirosa ou Os Castros é un poboado fortificado situado no lugar do Castro, na parroquia de Nogueirosa (Pontedeume).
Características[editar | editar a fonte]
Nunha elevación do terreo, está formado por un recinto con socalcos que se asenta sobre un segundo recinto rodeado por un sistema defensivo que se conserva nalgúns tramos. Presenta diferentes alteracións. Ten forma elíptica con orientación N-S. Mide de norte a sur uns 150 metros e de leste a oeste uns 100 metros.