Castro das Insuas
Coordenadas: 43°23′10″N 8°13′16″O / 43.386238, -8.221186
Castro das Insuas | |
---|---|
Parroquia | Boebre |
Concello | Pontedeume |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA15048002 |
Cronoloxía | |
Datas de ocupación | - |
Data da descuberta | - |
Períodos de escavación | 2011 |
Estado actual | abandono |
Extensión estimada | 1,6 ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
Castro das Insuas ou castro da Insua é un poboado castrexo situado na península das Insuas, en Boebre (Pontedeume).
É un castro costeiro situado nunha península no lugar da Barreira, na parroquia de Boebre. Está defendido por un único parapeto no istmo que o une á terra. No seu lado oeste está arrasado polo mar, e no leste os labores agrícolas desmontaron parte do parapeto defensivo. En 2011 a Asociación cultural Ardóbriga liderou unha prospección arqueolóxica, realizándose achados de distintas épocas: desde cerámica castrexa ata lápidas sepulcrais e ósos humanos correspondentes á época na que se achaban alí o cemiterio e a igrexa da parroquia de Boebre[1].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Asociación cultural Ardóbriga (ed.). "Primeira campaña arqueolóxica de Ardóbriga (3 entregas)". Consultado o 22 de febreiro de 2014.