Álvaro Núñez Marcial
Alvarito | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Álvaro Núñez Marcial | ||
Nacemento | 21 de decembro de 1912 | ||
Lugar de nacemento | Vigo | ||
Falecemento | 3 de xullo de 1992 | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1932–1933 | Racing de Ferrol | ||
1933–1935 | Deportivo da Coruña | 18 | (0) |
1935– | Unión Sporting Club | ||
1939–1944 | Celta de Vigo | 65 | (1) |
1944–1946 | Real Murcia | 11 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Álvaro Núñez Marcial, nado en Vigo o 21 de decembro de 1912 e finado o 3 de xullo de 1992, foi un futbolista galego máis coñecido como Alvarito, que xogaba na demarcación de centrocampista.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Tralo parón que supuxo a Guerra Civil Española o Celta de Vigo afrontaba a tempada 1939/40 co reto de debutar en Primeira División e obter a permanencia.
Con este propósito chegan moitos novos xogadores ao club, entre eles Alvarito. Debutaba en partido oficial o 3 de decembro de 1939 ante o Real Zaragoza, con resultado de derrota por 3-2.
Tras cinco tempadas no club e a nefasta tempada 1943/44 que supuxo o descenso a Segunda División, ao so acadar 9 puntos, deixa o Celta de Vigo ao igual que Mundo e Agustín.
Alvarito aínda xogaría en Primeira División dúas tempadas máis, esta vez no Real Murcia.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou en agosto de 1935 con Dolores García Méndez.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Capítulo de bodas". El Correo Gallego (en castelán) (19820). 13 de agosto de 1935. p. 4. Consultado o 27 de febreiro de 2024.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Marcos L. Bacariza (17 de agosto de 2009). "Alvarito". Yo jugué en el Celta (en castelán).