Manuel González Toro
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 6 de xaneiro de 1910 Vigo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 23 de xuño de 1992 (82 anos) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua castelá | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Manuel González Toro, máis coñecido como Toro, nado en Vigo o 6 de xaneiro de 1910 e finado o 23 de xuño de 1992, foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de dianteiro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Chegou ao Celta de Vigo na tempada 1934/35, equipo que naquel momento estaba loitando por conseguir o ascenso a Primeira División. No primeiro ano o club non acadou o obxectivo, quedando terceiro na promoción de ascenso, pero ao ano seguinte, a tempada 1935/36, conseguiríase o ascenso, sendo Toro un dos xogadores fundamentais ao marcar cinco goles na liga de promoción.
Porén o debut en Primeira tería que agardar, pois o levantamento militar contra o goberno legalmente establecido da II República que levou a Guerra Civil Española paralizou toda competición oficial. Gran parte do cadro de xogadores do Celta foi represaliado ou enrolado no bando golpista, por exemplo Toro serviu como sarxento na fronte de Guadalaxara.
Finalmente o club debuta en Primeira División nos anos de posguerra, con Toro no equipo tras unha frustrada fichaxe polo Valencia CF, o 3 de decembro de 1939 ante o Real Zaragoza.
Esta primeira tempada o club salvouse do descenso no partido de promoción disputado en Madrid ante o Deportivo da Coruña, encontro que gañaría o Celta cun tanto de Nolete a pase de Toro.
En 1941 e sen previo aviso Toro é traspasado a metade de tempada ao Racing de Ferrol sen recibir compensación económica a cambio, xa que no equipo céltico contaba coa competencia sobre todo dos canarios Del Pino e Roig e o equipo ferrolán aspiraba a facer un bo papel no torneo copeiro, e conseguiulle un posto a Toro no departamento de contabilidade de Bazán.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Marcos L. Bacariza (3 de marzo de 2009). "Manuel González Toro". Yo jugué en el Celta (en castelán).