Wikipedia:Imaxes para borrar/Ficheiro:Mapa céltigos.PNG
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
O mesmo para (Ficheiro:Mapa Céltigos.PNG)
Imaxe escaneada (véxase a imaxe). Temo que o usuario que a subiu descoñeza que escanear a imaxe non supón autoría sobre a mesma. Imaxe sen licenza.
Salvo que o usuario xustifique aquí debidamente a imaxe, creo que debería ser borrada. 79.155.108.168 16:57, 6 marzo 2009 (UTC)
- A favor
- Concordo. Lóxicamente, pódese ler un texto, polo cal desconfío da súa autoría propia, ainda que, pode ser el o autor real. Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 18:19, 6 marzo 2009 (UTC)
{{Concordo}}--Saúdos e grazas. Xan de ningures 00:19, 15 marzo 2009 (UTC)Retiro o dito, non lembraba que a votación xa non procede, debería eliminarse esta votación polo que dixen no comentario--Saúdos e grazas. Xan de ningures 00:22, 15 marzo 2009 (UTC)
- En contra
- Manter A imaxe non é a mesma ca cando se creo esta discusión. --Saúdos e grazas. Xan de ningures 00:42, 15 marzo 2009 (UTC)
- Manter A imaxe xa non é a que se subiu en primeiro lugar, vese que é unha nova obra e dá a impresión de estar feita polo usuario que a cargou.--PepedoCouto 20:15, 16 marzo 2009 (UTC)
- Comentarios
- Comentario. Estiven vendo a imaxe e, se non é problema do Firefox, vese un texto por baixo, vou intentar recoñece-lo texto; pode que, como dí esta IP, a imaxe esté sen licenza, comprobareino; se non tén, estou a favor do seu borrado. Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 18:19, 6 marzo 2009 (UTC).
- O usuario foi avisado e estaba activo no momento do aviso--Saúdos e grazas. Xan de ningures 19:13, 6 marzo 2009 (UTC)
- Ola: Son novo nisto e certamente a imaxe é escaneada dun panfleto dunhas eleccións municipais, aínda que tiven que retocala. Se a copio a man alzada, vale?--Céltigos 21:34, 6 marzo 2009 (UTC)
- Temo que non vale nin así. Convén que leas sobre obras derivadas. Hai un anaco en Wikipedia:Política de uso de imaxes#Obras derivadas. Encontrarás máis en Commons:Obras derivadas.
- Tristemente debemos seguir a lexislación española para que non estea en perigo o proxecto, o cal leva a borrar imaxes ou a non podermos subilas. En caso de que teñas dúbidas contacta comigo--Saúdos e grazas. Xan de ningures 22:54, 6 marzo 2009 (UTC)
- Ollo: O usuario subiu por encima unha imaxe diferente feita a man alzada (nas dúas imaxes). Deberíase borrar nas páxinas das imaxes a primeira versión. Poida que conviñese pechar esta discusión --85.91.87.250 12:04, 9 marzo 2009 (UTC)
Mantense a imaxe --☣Banjo tell me 07:49, 16 abril 2009 (UTC)