Comité Provisional Revolucionario Polaco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Comité Provisional Revolucionario Polaco (en polaco:Tymczasowy Komitet Rewolucyjny Polski), ou Polrevkom, foi un comité revolucionario auspiciado pola Unión Soviética para formar en Polonia un estado satélite no contexto da guerra rusopolaca.

O comité foi creado en Moscova o 23 de xullo de 1920 por polacos bolcheviques, comandados por Julian Marchlewski. A decisión foi tomada tralos iniciais éxitos do Exército Roxo en territorio polaco. O territorio conquistado é administrado de xeito transitorio polo comité mencionado antes de transferi-lo ó Partido Comunista dos Traballadores Polacos. O centro administrativo do Polrevkom achábase nun tren blindado ata crea-la sede permanente en Bialystok o 30 de xullo de 1920.

O 20 de agosto de 1920 a derrota do exército soviético fronte ós polacos desfixo o comité e á espúrea República.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]