Pita (xogo)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Pita.
A pita ou pita cega é un xogo popular galego de persecución no que unha persoa (que se di que leva a pita, ou que apanda) fai de perseguidora e debe tocar a calquera outra en calquera parte do corpo para perder esa tarefa e encomendarlla á persoa tocada. Cómpre dicir que o posto de perseguidor está estigmatizado e habitualmente ridiculizado. Normalmente, durante o toque dise a palabra pita!.
Existen variantes onde o perseguidor ou os perseguidos modifican temporalmente os seus papeis:
- na pita televisión, o perseguido pode inmunizarse do toque se di un programa de televisión que non fose dito antes;
- na pita altura, o perseguido está en terreo salvo se se sitúa a máis altura có perseguidor;
- na pita repetición, o tocado ten que quedar parado ata que un amigo o toque, e xa poderá moverse.
- na pita cega, o perseguidor leva os ollos cubertos cunha tea e ten que adiviñar a quen toca.
A sinxeleza e a frecuencia deste xogo proceden da súa versatilidade: como o acocho, non precisa de intrumentos para xogarse e pode practicarse en calquera lugar con límites definidos (que deben concretarse ó comezar o xogo).