Moctezuma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moctezuma

Moctezuma II, tamén chamado Motecuhzoma Xocoyotcin, nado en 1466 e finado en 1520, foi un gobernante (tlatoani) asteca. O seu mandato comezou en 1502 e rematou en 1520.

Nome[editar | editar a fonte]

Motecuhzoma é o nome orixinal no idioma nahuatl, e significa "el, que se torna gobernante pola súa cólera". Ven da xuntanza de mo = terceira persoa (indicando pose); tecuhtli, "señor"; e zoma, "encolerizado" ou "de ollar severo". O uso de "segundo" é para distinguilo doutro Moctezuma (chamado de Moctezuma I). Outra forma de diferencialos é que "Moctezuma I" denominábase Motecuhzoma Illuicamina (en nahuátl = "solitario que lanza unha flecha ao ceo"), mentres "Moctezuma II" chamábase Motecuhzoma Xocoyotcin (Xocoyotcin significa "o honrado").

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Moctezuma II, herdeiro de Aoitzotl, era o gobernante da cidade de Tenochtitlán. A súa personalidade era máis a dun literato (en nahaitl, tlatimine) que a dun guerreiro. Era un sacerdote e xefe da Calmecac, a escola das clases superiores.

Palacio de Moctezuma

En 1502, despois de asumir o poder, el destituiu a maioría das autoridades e substituiunas por ex-alumnos seus. Para se distanciar das persoas comúns criou un elaborado ritual, que intriga os estudiosos. El criou un templo especial, dedicado aos deuses das cidades conquistadas, no interior do templo de Hoitcilopochtli. Durante o seu reinado aumentou o poder da cidade de Tenochtitlán para, posteriormente, dominar as cidades irmás de Texcoco e Tlatelolco.

Contacto cos españois[editar | editar a fonte]

Di unha lenda que surxiron oito sinais, nos dez anos anteriores á chegada dos conquistadores españois, indicando que o imperio asteca entraría en colapso:

  1. un cometa apareceu no ceo durante o día.
  2. unha columna de fogo (posibelmente o cometa) apareceu no ceo noturno.
  3. o templo de Hoitcilopochtli foi destruído polo fogo.
  4. un raio atinxiu o templo de Tzonmolco.
  5. Tenochtitlan sofreu unha inundación.
  6. estrañas persoas con varias cabezas porén un só corpo foron vistas camiñando naquela cidade.
  7. unha muller foi vista laiándose dos astecas.
  8. un estraño paxaro foi capturado. Cando Moctezuma fitou os seus ollos, que funcionaban como espellos, el viu estraños homes chegando á costa.

Na primavera de 1519, recebeu as primeiras noticias de estraños chegando á costa do seu imperio. Moctezuma enviou un embaixador con dúas roupas, unha do deus Tlaloc, e outra do deus Quetzalcoatl. Cada un destes deuses astecas tiña os seus atributos: Tlaloc tiña unha máscara que facía parecer que usase óculos; xa Quezalcoatl tiña unha máscara cunha barba. O embaixador asteca, ao ver o español Hernán Cortés, pensou que o conquistador tiña os atributos de Quezalcoatl, e vestiuno como o deus. En seguida, informou Moctezuma ao respecto. Cortés decidiu marchar ata Tenochtitlán. Moctezuma tentou evitar a súa aproximación mandando máis presentes, porén a miraxe do ouro era irresistíbel para os españois. Moctezuma tamén enviou máxicos, sacerdotes, e mesmo un dos seus embaixadores, Tcihuacpopoca, que finxiu ser o imperador. Moctezuma enviou aínda máis presentes cando Cortés se aproximou de Tenochtitlán. O contador do reino asteca rexistrou:

- Eles deron aos españois pezas de ouro, penuxes da ave quetzal e gargantillas de ouro. E cando lles deron iso, as súas faces eran de sorrisos, eles (os españois) estaban maravillados(...).

O 8 de novembro de 1519, Moctezuma encontrou con Hernán Cortés, a quen consideraba ser o deus Quetzalcoatl. Cando Cortés chegou en Tenochtitlán, Moctezuma regaloulle flores do seu propio xardín, que era a máis alta honra que podería ofrecer. Cortés ordenoulle que suspendese todos os sacrificios humanos: Moctezuma concordou, o sangue do templo foi lavado, e as imaxes dos deuses astecas foron substituídas por iconas do cristianismo. Moctezuma ata mesmo concordou en ser batizado e declarouse un súbdito do rei Carlos I da España. Moctezuma recebiu a Cortés no palacio de Axayacatl con todos os seus homes e 3000 indíxenas aliados.

Xusta indignación[editar | editar a fonte]

Relátase que despois de submeterse aos españois, Montezuma estudaba cuidadosamente a relixión cristiá posibelmente co fin de incluir a súa figura maior, o Cristo, no panteón de deuses que adoraba.

Ao ser informado sobre a cerimonia da eucaristía explodiu indignado diante de Cortés :

Mais quen es ti, vil criatura humana coma min, que te permites comer a carne de deus e beber o seu sangue ?! '

Pódese comprender a indignación do emperador xa que, ao contrario dos cristiáns, os astecas ofrecían o seu sangue e o seu corazón aos seus deuses, tomando Cortés como un monstro que se permitia devorar o seu deus.

Aínda que houbese moita boa vontade por parte de Montezuma en aceptar a relixión que se lle impuña, había unha enorme dificuldade de comprendéla, pois, como home moito relixioso, desexaba sinceramente convencerse. En outra ocasión, contase, tería verbalizado a seguinte confusión :

'Se os homes da súa tribo sacrificaron a Cristo para o seu deus, por que o adoran, vitima sacrificial, e non ao propio deus ?

Despois da morte de Moctezuma[editar | editar a fonte]

Os sacerdotes de Montezuma previron a chegada de Cortés, en 1519, como a volta do lexendario deus-rei Quetzalcóatl, vido do leste. Isto causou unha certa dúbida e indecisión da súa parte, explorada por Cortés, que o fixo refén e forzouno a negociar co seu pobo. Debido á a súa proposta de instituir o pago de tributos á España, foi deposto en 1521 e atacado polos españois. Foi ferido, morrendo tres días despois, sendo sucedido por Cuauhtemoc.

Coitláhuac morreu pouco tempo despois de varíola e foi substituído por un adolecente, Cuauhtémoc. No ano seguinte, o imperio azteca xa sucumbira totalmente ao control español. Durante o período da conquista, a filla de Moctezuma, Techichpotcin, se tornou a herdeira da riqueza do rei, recibindo o nome cristán de "Isabel". Posteriormente casou con varios españois.

Ligación externa[editar | editar a fonte]