Infrared Background Signature Survey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «IBSS»)
IBSS / Infrared Background Signature Survey
IBSS soltado desde o transbordador Discovery.
TipoTecnolóxico
OrganizaciónSDIO
Data de lanzamento28 de abril de 1991[1][2][3]
Foguete portadorTransbordador Espacial Discovery[4]
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral[5][6]
Obxectivo da misiónDemostrador tecnolóxico.[5]
Regreso2 de maio de 1991[1][6]
NSSDC ID1991-031B
Masa1901 kg[4][5]

Infrared Background Signature Survey ou IBSS foi un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzado o 28 de abril de 1991 mediante o transbordador espacial Discovery durante a misión STS-39 desde Cabo Cañaveral.[4][5]

Características[editar | editar a fonte]

IBSS viaxou ao espazo na bodega do transbordador, desde onde foi liberado para facer as súas observacións para logo ser recollido e devolto a terra. A súa misión principal foi realizar experimentos para o desenvolvemento de sensores de detección de mísiles balísticos.[4][5]

IBSS estaba patrozinado pola Organización da Iniciativa de Defensa Estratéxica ou SDIO. A carga a bordo do satélite estaba composta por un sensor infravermello, un sensor multiespectral para observar en varias lonxitudes de onda, dúas cámaras de televisión para baixas intensidades de luz e equipamento de soporte. Unha vez en voo libre, IBSS observou o comportamento dos motores do sistema de control de posición do transbordador para usalo como perfil para o desenvolvemento de sensores capaces de detectar o mesmo tipo de sinatura no espazo, indicativo doutros sistemas de control de posición como o dos mísiles balísticos durante manobras de corrección de traxectoria. Parte dos experimentos de IBSS tamén implicaban a solta de diferentes tipos de gases no baleiro para estudar o seu comportamento e caracterizalos para mellorar a detección de gases parecidos durante o voo de mísiles balísticos. Ao final da súa misión IBSS foi recollido polo transbordador e devolto a terra, o 2 de maio de 1991.[4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "IBSS" (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  2. Claude Lafleur (2020). "IBSS-SPAS (USA 70)" (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  3. "Note verbale dated 16 December 1992 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (93-01075(E)): 12. 7 de xaneiro de 1993. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "IBSS-SPAS" (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Mark Wade (2020). "IBSS" (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2020. 
  6. 6,0 6,1 NASA (14 de maio de 2020). "IBSS" (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]