Hip hop

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Hip-hop")
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Os catro elementos do Hip Hop, MCing, Graffiti, DJing, Breaking.

O hip hop é un movemento artístico e cultural nado en Nova York a finais da década de 1960, dende onde se espallou por todo o mundo, conservando uns patróns e características comúns independentemente do país onde se instalara.

Definición de hip hop[editar | editar a fonte]

O hip-hop (cadril/cadeira-chimpo en inglés) é unha corrente artística que pode verse representada en catro temáticas principais:

Alén destes catro elementos a Zulu Nation aínda engadía un quinto considerado vital para a supervivencia e éxito do movemento: o coñecemento e a conciencialización cidadá. Isto significaba o coñecemento das realidades sociais do mundo actual e da cultura, co obxectivo de formar unha identidade e unha consciencia étnica e de cidadanía entre estas persoas (recordemos que na súa inmensa maioría eran descendentes africanos sumidos na pobreza) que tiñan escaso acceso á cultura e descoñecían os seus dereitos e deberes. Desta maneira o hip hop axiña se converteu, nestes seus inicios, nun instrumento de transformación social ou, dito doutra maneira, promovía o activismo político[1].

Nos últimos anos está tomando forza unha quinta disciplina, o chamado beatboxing, que consiste na imitación dos sons instrumentais usando a gorxa e outras partes do corpo.

Tamén se considera parte do hip-hop o estilo de vestir (máis folgado do habitual, con prendas como gorras, puchos, roupa e calzado deportivo).

Historia do hip hop[editar | editar a fonte]

As orixes da música rap han de ser procurados nas tradizóns musicais afro-americanas e da África Occidental. Os griots son un grupo de cantantes e poetas ambulantes de África Occidental, considerados os depositarios da tradición oral e a historia de moitos destes pobos. Polo seu estilo musical e características pódense considerar coma un dos primeiros devanceiros do rap.[2] Por outro lado, xa en Nova York e tamén nos Ánxeles, actuacións poéticas e musicais de artistas inspirados nos griots como The Last Poets, The Watts Prophets ou Jalal Mansur Nuriddin tiveron un grande impato cultural e social a finais da década de 1960 e na de 1970, sobre todo entre o público dos ghettos urbanos que verán nacer a música rap. É por iso que tanto os Last Poets coma os Watts Prophets están considerados coma unha das primeirísimas fontes de inspiración do rap. Unha terceira influencia que chegou a ser determinante no nacemento do novo estilo musical sería a música xamaicana, en especial o dub.[3]

Cara á decada de 1970, na cidade de Nova York, un persoaxe xamaicano, pero nado no Bronx coñecido como Dj Kool Herc (quen, segundo o mito, era coñecido por facer festas na rúa cos seus grandes MC's e DJ's que traía no seu coche), comezaron unha nova tónica de DJ|DJism, onde respetou a parte dos beats dalgunhas canzóns de moda (principalmente disco e funk), cun par de tornadiscos, para extender partes da melodía e comezar a facer o que logo chamaríase break. Precisamente serían a música funk e soul, que eran habitualmente pinchadas nestas festas, outros dos estilos que máis influirían nestes momentos de agromar do rap.[4]

Doutra banda, DJ Hollywood, nas discos locais de Nova York, comezaba a rimar sobre algúns ritmos disco do momento.

Un par de anos máis tarde, Afrika Bambaataa xunto a Fab 5 Freddy definen o que serían os catro grandes elementos do hip-hop.[5]

Un dos protexidos de DJ Kool Herc, coñecido coma Grand Master Flash, comeza contra outra nova tónica para os DJ's, na cal, mestura dúas beats de diferentes cancións, para xerar un novo ritmo.[6] Asemade e despois dun accidente que tivo un coñecido de Grand Whizard Theodore, cun disco e unha agulla, invéntase o scratch. Isto conlevaría unha nova moda nos DJ's.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://hemi.nyu.edu/course-rio/perfconq04/students/work/hiphop%20performance%20afro.htm
  2. http://usuarios.lycos.es/dancekontrol/newpage1.html
  3. http://web.archive.org/20031210014226/hiphopmegaparty.tripod.com/djinc/id10.html
  4. http://www.doggshiphop.com/hip-hop/dj-kool-herc/
  5. http://www.doggshiphop.com/hip-hop/afrika-bambaataa/
  6. http://www.clubbingspain.com/artistas.php?id=2221&lng=es
  7. http://www.djscratchmix.com/dj-grand-wizard-theodore/

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]