Doyle's Delight

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O monte Doyle’s Delight é, cunha altura de 1.124 metros, a maior elevación montañosa de Belice, en América Central. Está situado no suroeste do país, nas coordenadas 16º 29' 36" N e 89º 02' 46" O.

Durante moito tempo o Pico Vitoria foi considerado o cumio máis elevado de Belice, mais novas medicións mostraron que o Doyle's Delight era 4 metros máis alto. Como o Pico Vitoria, pertence aos Montes Maya, nas lindes entre as provincias de Toledo e Cayo.

Nome[editar | editar a fonte]

O nome de Doyle’s Delight xurdíu en 1989, da expedición de Sharon Matola, a partir dunha cita do libro de Arthur Conan Doyle, The Lost World (O Mundo Perdido) de 1912, por analoxía do salvaxe e maravilloso nun país como aquel. O nome foi amplamente aceitado.