Clonmel - Cluain Meala
| Clonmel Cluain Meala |
|||
|---|---|---|---|
St. Mary's Church |
|||
| Provincia | Munster | ||
| Condado | condado de Tipperary | ||
| Poboación | 16.910 hab. | ||
| Páxina web | www.clonmel.ie | ||
|
|||
| Cidade da República de Irlanda |
|||
Clonmel (Cluain Meala en irlandés) é unha cidade de Irlanda, capital e maior cidade de Tipperary Sur, con 16.910 habitantes. Tamén é a maior cidade do interior do Sur de Irlanda. A cidade está bañada polo Río Suir e está cercada por montañas e colinas. Parte da cidade se encontra no Condado de Waterford (a parte que está despois de cruzar o Río Suir). É centro agro-pecuário e posúa industrias alimentarias, de calzado e unha importante fábrica de cervexa, a Bulmers (unha das maiores marcas irlandesas de cervexa), que ten sede na propia cidade de Clonmel.
Historia [editar]
Clonmel foi construída na Idade Media, e conserva moitos elementos que lembran o seu pasado, tales como parte da muralla que a rodeaba. Oliver Cromwell sitiou a cidade en 1650.
Clonmel foi sempre un centro importante de comercio. O Suir era xa navegable ata Clonmel contra 1760 e a realización dos traballos neste río durante o século XIX permitíu que barcos de maior calado acandaran os peiraos da localidade.