Algoritmo de compresión con perda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Chámase algoritmo de compresión con perda a calquera procedemento dirixido a representar unha certa cantidade de información utilizando menos da mesma, facendo imposible unha reconstrución exacta dos datos orixinais.

Uso[editar | editar a fonte]

A compresión con perda é útil só cando a reconstrución exacta non é esencial para a información significativa. A información reconstruída é só unha aproximación da información orixinal. Xeralmente restrinxida a información analóxica que foi dixitalizada (imaxes, son, vídeo etc.), onde a información pode ser "semellante" e, ó mesmo tempo, ser subxectivamente a mesma. A súa maior vantaxe son as altas taxas de compresión ofrecida ao contrario dun algoritmo de compresión sen perdas.

Técnicas comúns de compresión con perda[editar | editar a fonte]

  • Por códecs de transformación: os datos orixinais son transformados de maneira que se simplifican (sen posibilidade de regreso ós datos orixinais), creando un novo conxunto de datos que poden ser levados a altas razóns de compresión sen perda.
  • Por códecs predictivos: os datos orixinais son analizados para predicir o comportamento dos mesmos. Despois compárase esta predición coa realidade, codificando o erro e a información necesaria para a reconstrución. Novamente, o erro é proclive a altas razóns de compresión sen perda.

Nalgúns casos utilízanse ambas, aplicando a transformación ó resultado da codificación preditiva.

Este sistema de compresión úsase en compresores de imaxes (JPEG), en formatos de vídeo (Flash, MP4, MPEG-1, MPEG-2, MPEG-4) e en formatos de son (AAC, MP2, MP3, WMA).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]