Academia do Aragonés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Academia do aragonés (Academia de l'Aragonés na lingua aragonesa) é un órgano creado o 15 de xullo de 2006 polo II Congreso de l'Aragonés con o fin de ser a autoridade lingüística do aragonés. Na actualidade carece de recoñecemento explícito polo Guberno de Aragón, sendo a súa forma xurídica a dunha asociación cultural baixo o nome Estudio de Filología Aragonesa, pero é coñecida por todos como 'Academia de l'Aragonés'. Ten a súa sede en Samianigo. En novembro de 2010 presentou unha Proposta de Ortografía para a lingua aragonesa[1].

Índice

[editar] Obxectivos da Academia

Os obxectivos da Academia, segundos as ordenanzas emanadas do dito congreso, son:

  • Investigar todas as manifestacións orais e escritas do aragonés.
  • Achegar e actualizar o seu léxico.
  • Fixar a súa toponimia e onomástica.
  • Investigar e formular leis ortográficas, gramaticais e fonéticas para todas as modalidades do aragonés.
  • Fixar, desenvolver e mellorar a modalidade estándar.
  • Procurar o respeito dos dereitos lingüísticos dos seus falantes.

O seu primeiro consello de goberno provisorio estivo presidido por José Lera. O primeiro pleno foi celebrado o 28 de outubro de 2006 na Deputación Provincial de Zaragoza, estabelecendose así nel un novo consello de goberno para a Academia, eleito consonte as ordenanzas, con Manuel Castán como presidente.

[editar] Membros da Academia

A lista actual de membros da Academia de l'Aragonés é a que segue:

[editar] Académicos de Honra

O 14 de maio de 2007, a Academia de l'Aragonés, reunida en sesión extraordinaria, nomeou os seus cinco primeiros académicos de Honra, que foron homenaxeados o 24 de novembro de 2007 na sede do Goberno de Aragón. Esta lista foi ampliada o 12 de abril de 2008, coa proclamación como académico de Honra de Michael Metzeltin, catedratico de Lingüística e Didáctica das Linguas Románicas da Universidade de Viena. Os académicos de Honra son:

[editar] Fenecidos

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas