Portal:Ucraína

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ucraína (en ucraínoУкраїна, tr. "Ukraina"[ukrɑˈjinɑ] (AFI)) é unha nación eslava situada, en liñas xerais, entre os mares Negro e Azov e o río Prípiat, entre as planicies húngaras, a foz do Danubio e o río Don. Os ríos Dniéper e Dniéster son, e sempre foron, os límites xeográficos centrais de Ucraína. A cidade de Kíiv é a vella capital e o centro da vida cultural ucraína.

Ucraína confina ao sur cos mares Negro e Azov; ao suroeste con Moldavia, Romanía, Hungría e Eslovaquia; ao oeste con Polonia e Belarús; ao norte con Rusia; ao leste o límite de Ucraína atinxe case as estepas do río Volga e a rexión caucásica.

Esténdese por un territorio xeográfico de 603 700 km² e comprende un territorio etnográfico mixto de 945 000 km². Ucraína é o segundo maior país de Europa (detrás de Rusia).

A poboación actual de Ucraína sitúase en case 48 millóns de habitantes.

Artigo destacado

editar

Holodomor (en lingua ucraína: Голодомор) é o nome atribuído á fame de carácter xenocida, que devastou principalmente o territorio da República Socialista Soviética de Ucraína (integrada na URSS), durante os anos de 1932 a 1933. Este acontecemento, tamén coñecido por gran fame de Ucraína, representou un dos máis tráxicos capítulos da Historia de Ucraína, debido ó enorme custo en vidas humanas.

A pesar de que esta fame afectou igualmente a outras rexións soviéticas, o termo Holodomor é aplicado especificamente ós feitos ocorridos nos territorios con poboación de etnia ucraína: Ucraína e a rexión de Kuban, no Cáucaso do Norte. Como tal, o Holodomor é ás veces denominado "Xenocidio Ucraíno" ou "Holocausto Ucraíno", significando que esa traxedia sería a resultante dunha acción deliberada de exterminio, desencadeada polo réxime soviético, visando especificamente o pobo ucraíno, en canto entidade socio-étnica.

Tendo como referencia o concepto de xenocidio e a súa definición xurídica, verifícase un crecente consenso da historiografía, relativo á natureza xenocida do Holodomor. Por outra banda, hai un número cada vez maior de países que o recoñecen oficialmente como un acto de xenocidio, como España.

A palabra Holodomor resulta da expresión ucraína 'Морити голодом' (moryty gholodom), que significa "matar pola fame". O termo foi empregado por vez primeira polo escritor Oleksa Musienko, nun relatorio.

No cuarto sábado do mes de novembro, Ucraína e as comunidades ucraínas implantadas en diversos países de acollemento prestan homenaxe ás vítimas do Holodomor.

Cidade destacada
Divisións administrativas
Categorías
Biografía destacada

editar

Yosyf Slipyi (en ucraíno: Йосиф Сліпий), de nome secular Yosyf Kobernytskyi-Dychkovskyi (en ucraíno: Йосиф Коберницький-Дичковський), nado en Zazdrist (Galicia [Imperio austrohúngaro]) o 17 de febreiro de 1892 e finado en Roma o 7 de setembro de 1984, foi un bispo católico ucraíno, arcebispo maior de Lviv e cardeal da Igrexa católica. Preso do réxime soviético dende 1945, foi finalmente liberado en 1963, grazas ás presións do Vaticano e dos Estados Unidos para participar no Concilio Vaticano II.

En 1916 doutorouse no Collegium Canisianum de Innsbruck, e o ano seguinte foi ordenado sacerdote en Lviv (Ucraína), volvendo logo a Innsbruck, e posteriormente a Roma para estudar no Pontificio Instituto Oriental e na Pontificia Universidade Gregoriana, antes de regresar a Lviv, onde en 1926 pasou a ser reitor da Academia Teolóxica de Lviv.

Ao longo da súa vida recibiu numerosos recoñecementos: en 1968, con ocasión da súa visita pastoral ao Canadá e aos Estados Unidos, foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade San Paulo de Ottawa, pola Universidade Loyola de Chicago e pola Universidade Católica de América; e foi tamén distinguido como doutor honoris causa pola Universidade Libre Ucraína, con sede en Múnic.

Imaxe destacada
Sabías que...?

editar

O tranvía de Kiev nos anos 1930.


Artigos de calidade e bos

editar

Artigos de calidade (0)

Artigos bos (2)

Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons