Horacio Nache
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1912 A Coruña, España |
Morte | 1970 (57/58 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Horacio Rodríguez Nache ou Horacio Sache, nado na Coruña en 1912 e finado na mesma cidade en 1970, foi un violinista galego. Foi violinista da Orquestra Sinfónica Municipal da Coruña e concertista.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Horacio Nache naceu na Coruña, cidade na que comezou a súa formación musical. Continuou os seus estudos no Conservatorio Nacional de Madrid con José del Hierro.[1]
Posteriormente viaxou a París e Londres antes de regresar á súa cidade natal, onde foi director do Conservatorio de Música e Declamación, do que se converteu no seu director en 1945, cargo que desempeñou ata a súa morte. Tamén formou xunto coa pianista Pilar Cruz e o violonchelista Julio Béjar, o Trío pro música, co que logrou numerosos éxitos tanto en Galicia como no resto de España.[1][2]
En novembro de 1948, foi nomeado membro de número da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario.[2]
Faleceu en 1970 na súa cidade natal aos 58 anos.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Padín, Ángel (14 de maio de 2004). "Horacio Nache". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 10 de maio de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 "Rodríguez Nache". Deputación da Coruña. Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2020. Consultado o 10 de maio de 2020.