Saltar ao contido

Transitividade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Verbo transitivo.

[editar | editar a fonte]

A transitividade é unha característica propia dalgúns verbos que lles confire a propiedade de poderen seleccionar un complemento directo, permitindo precisar o alcance do verbo.

Exemplos:

  • Matar. Sempre cómpre especificar que ou a quen se mata para completar a frase.
  • Ter. Sempre se ten algo ou a alguén, o verbo en si mesmo non precisa a acción.

Os verbos transitivos poden aparecer sen complemento directo, cando este está claramente determinado polo contexto ou nos casos de uso absoluto, é dicir, cando a acción expresada polo verbo é importante en si mesma.

Algúns verbos transitivos admiten voz pasiva.

Verbo intransitivo.

[editar | editar a fonte]

Aqueles verbos que non poden seleccionar argumento ningún son chamados intransitivos.

Verbo ditransitivo.

[editar | editar a fonte]

Un verbo ditransitivo sería aquel que selecciona dous argumentos. Un exemplo sería o daqueles verbos que levan Complemento Directo e Complemento Indirecto, ou dos que levan un Complemento Directo e máis un Predicativo do Complemento Directo.