Igrexa Matriz de Melgaço
Igrexa Matriz de Melgaço | |
---|---|
País | Portugal |
Localización | Vila e Roussas |
Coordenadas | 42°06′50″N 8°15′33″O / 42.11388889, -8.25916667 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa Matriz de Melgaço é un templo católico portugués situado na freguesía de Vila, no concello de Melgaço (distrito de Viana do Castelo).
Características
[editar | editar a fonte]Ten a súa orixe nun edificio románico do século XII, primitivamente designado como igrexa de Santa María da Porta, por se encontrar xunto a unha porta da muralla do castelo de Melgaço. Do trazado primitivo pouco resta, pois foi obxecto de moitas remodelacións ao longo dos tempos.
O portal principal está formado por dúas series de columnas con capiteis decorados con motivos vexetais. A porta lateral norte presenta unha arquivolta apontada, soportada por dúas consolas, que sustentan un tímpano cunha figura dun animal mitolóxico arganan en altorrelevo.
No seu interior, na capela lateral esquerda, posúe un retablo de finais do século XVI de António Figueiroa.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Igrexa Matriz de Melgaço |