Fruxívoro
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2017.) |
Os animais fruxívoros (do latín frux, frugis, "froito" e -vorus, "que come") son aqueles que se alimentan de froitos, sexa parcial ou exclusivamente. En latitudes tépedas este tipo de alimentación, a diferenza do que sucede no trópico, adoita ser estacional. A relación que existe entre os animais fruxívoros e as plantas é beneficiosa para ambos e constitúe unha forma de coevolución. As plantas gastan enerxía en rodear a semente cunha envoltura, a polpa, moi nutritiva, xa que contén moitos azucres; con todo, compensan este gasto ao conseguir un mecanismo moi eficaz de propagación das diásporas vexetais. O beneficio dos animais reside en alimentarse dunha fonte moi enerxética. Os animais inxeren o froito completo e despois de dixerir a polpa expulsan as sementes, ben polas feces ou ben en forma de egagrópilas, en puntos normalmente afastados do lugar de alimentación. As plantas deféndense dos fruxívoros oportunistas, que danan ou non dispersan as sementes, mediante substancias químicas (velenos ou substancias de sabor desagradable) ou cubertas protectoras.
Hai moitos animais fruxívoros, incluídos algúns primates, como o ser humano. Outros exemplos son certas especies de morcegos, un gran número de mamíferos e algúns peixes, como o pacú e certas especies de salmónidos.