Cocho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O termo cocho pódese referir:

Animais[editar | editar a fonte]

  • Cocho (de coch, voz coa que se lle chama ao porco) mamífero doméstico, omnívoro, de corpo groso, porco, rancho.
    • Cocho, carne do cocho, carne de porco.
    • Cocho, por extensión, persoa sucia ou cousa que ten sucidade.
  • Cocho, ubre da vaca, cochorro.
  • Cocho (do latín coactus apertado, comprimido) lugar cuberto onde se acochan os animais, cocha.

Toponimia[editar | editar a fonte]

O topónimo cocho é común na microtoponimia galega: Cocho do lobo, Cocho do coello etc.

Outros[editar | editar a fonte]

  • Cocho, bebida chilena feita con fariña torrada, auga e azucre, semellante ao ulpo. Nalgúns países de Latinoamérica, cocho é tamén sinónimo de fariña torrada.
  • Viola de cocho, instrumento musical brasileiro dos estados de Mato Grosso e Mato Grosso do Sul.