Saltar ao contido

Zlín Z 43

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zlín Z 43
Tipoadestrador lixeiro/avioneta de lecer
FabricanteMoravan Otrokovice
Primeiro voo10 de decembro de 1968
Produción1972 - 1977
Unidades construídas80

O Zlín Z 43 é un avión lixeiro checo de catro prazas. Trátase dun desenvolvemento do monoplano de á baixa Zlín Z 42 de dúas prazas. Unha versión mellorada, o Zlín Z 143, segue en produción.

Deseño e desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

Tras a exitosa produción da familia de avións Z-26, o fabricante checoslovaco Moravan coñezou a deseñar unha nova serie de avións de adestramento, coñecida como a familia Z-40. A diferenza dos asentos en tándem da anterior serie, a familia Z-40 presentaba unha cabina cos asentos un ao lado do outro. Estaba dispoñible en dúas variantes básicas, un adestrador de dúas prazas, e un de catro prazas, o Zlin Z-4 , capaz de ser usado tanto como adestrador ou como avioneta de lecer.

O deseño resultante é un monoplano de á baixa dun só motor de construción totalmente metálica e un tren de aterraxe de triciclo fixo. O Z 43 comparte o 80% da súa estrutura co Z 42, pero está equipado cunha fuselaxe revisada que acomoda unha cabina de catro prazas e un motor máis potente. As ás do Z-43 son de maior envergadura e non teñen o lixeiro varrido cara adiante do Z-42.[1]

O Z-43 voou por vez primeira o 10 de decembro de 1968,[1] comezando a súa produción en 1972. Demostrou ser menos popular que o seu contemporáneo de dous asentos e a produción rematou en 1977, despois de que se fabricasen 80 unidades.[2]

O Z-143 é unha versión introducida en 1992, inpulsada por un motor de seis cilindros Lycoming O-540.[3] En paralelo tamén foi introducido unha versión do Z-42 cun motor Lycoming, o Z-242.

  1. 1,0 1,1 Taylor 1976, p. 32
  2. Donald 1997, p. 925
  3. Wood, Derek (1989). Jane's world aircraft recognition handbook (4th ed ed.). Coulsdon, Surrey, U.K: Jane's Information Group. ISBN 978-0-7106-0587-0. 

Bibliografía

[editar | editar a fonte]